Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Actividades PC

NON ME DES A CHAPA

Non me des a chapa!, así denominamos unha actividade que enmarcamos á par do proxecto de Polos Creativos no que participa o Baliño. 
Empregando unha máquina de chapas e tirando man da creatividade do noso alumnado, realizamos dúas actividades ben chuliñas:

  • Chapas co logo do Monte Baliño, deseñado polo alumnado de 5º e 6º para vender na feira e recaudar diñeiro para a súa excursión.
  • Chapas Día das Letras Galegas 17 maio: deseño individual libre con pequenas consignas (palabra ou debuxo relacionado con algo da temática de Galicia)

Temos uns pedazo de artistas... nós xa o sabiamos, pero vós podedes comprobalo.

Grazas a todos!

ROBÓTICA NAS LENGUAS

Na aula de PT traballamos os campos semánticos e a enumeración (poñendo comas tras escribir cada elemento) coa axuda de GreenBot.

como o fixemos?

-Lanzamos dados e sumamos.

-Localizamos no panel a tarxeta que leva ese número.

-Programamos a Greenbot para facer o recorrido ata a tarxeta.

-Lemos o campo semántico que nos tocou: prendas vestir, alimentos, vehículos...

-Escribimos no noso caderno catro palabras relacionadas con ese campo separándoas con comas (enumeración)

 

Porque temos seguro que xogando tamén se aprende! 

 

COSIDO DE CARTEIRAS MULTIFUNCIÓNS

As compañeiras e compañeiros de 5º e 6º seguen elaborando cousiñas para recaudar cartos para a excursión, que venderán na feira do pobo próximamente!

Nesta ocasión, adicáronse a elaborar unhas funcionais carteiras de follas de libros vellos e reciclados de diferentes tamaños para gardar todo o que se che ocorra, liberdade de opcións e posibilidades. Fixéronnas mediante a técnica do cosido.

A que vos tenta mercar algunha do bonitas e xeitosas que lles quedaron!!?? Animaivos. Próximamente información da venda!

 

 

IMPRESIÓN 3D: CHAVEIROS HOMENAXE FEIRA DO VIÑO

Os nosos maiores (rapazada de 5º e 6º) seguen argallando manualidades e outras ideas para recompilar cartiños para a súa viaxe de fin de curso. 

En homenaxe a Feira do Viño da zona (relacionándoo co noso Pdi "Coñecendo a nosa provincia: Lucus Augusti", e usando a impresora 3D (actividade de Polos Creativos) deseñaron e programaron a impresión de chaveiros de uvas, botellas e copas de viño.

Séguense cocendo na impresora 3D para podervos ofrecer unha cantidade deles para que ninguén quede sen un.

Velaquí vos deixamos unhas fotiños!

 

 

CAMISETAS ROSALÍA: 23 FEBREIRO 2024

O día da nosa gran escritora galega, Rosalía de Castro, no Baliño, deunos para moitas actividades.

Cada neno ou nena realizou un debuxo empregando diferentes técnicas e métodos (por exemplo, os de 5º e 6º usando o Inskape modificaron e decoraron imaxes e textos da autora). Unha vez todos feitos, escaneámolos e imprimímolos en papel transfer para roupa. 

Trouxemos camisetas lisas, de cores claros e basándonos nos obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, démoslles unha nova vida: estampámolas usando a prancha.

Unha actividade enmarcada nos proxectos nos que participamos de Biblioteca Creativa, Plan Innova e Polos Creativos.

Púxemolas no cole, fixémonos fotos e levámolas para as nosas casiñas, para lucir orgullos@s cando nos pete.

Mirade que FERMOSAS quedaron!

 

 

IMPRESIÓN 3D: CHAVEIROS GATOS

Andamos a voltas coa IMPRESORA 3D e desta, os maiores do cole programaron a impresión duns simpáticos gatiños para facer uns chaveiros para recaudar cartos para a excursión de fin de curso. 

A máquina non para, estamos de seguido sacando produto....

Velaquí os tendes en primicia para vós!

PEGATINAS CON CANVA

No Entroido traballamos a reo para que todo quedase perfecto e os disfraces fosen chamativos e divertidos. 

Algunhas mestras decidiron realizar uns deseños en CANVA para "darlle o toque de humor" aos disfraces da rapazada, traballando así unha actividade relacionada cos Polos Creativos, proxecto de formación no que participamos. Como por exemplo, os disfraces dos pescadores e pescadoras que levaban unha pegatina que dicía: "Licenza de pesca fluvial na Ribeira Sacra" ou os disfraces de apicultores e apicultoras nos que podíamos ver o logo da súa marca "Apicultor@s de Pantón".

A temática como xa se mencionou estivo enmarcada dentro do Pdi do Baliño "Coñecendo a nosa provincia Lucus Augusti"

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut