Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Nutriescola

OS NOSO HORTO MEDRA

O bo tempo e os coidados que reciben os nosos cultivos, fan que o horto vaia vento en popa!

Están a medrar segundo o esperado e nós a gozar vendo a súa evolución.

Temos apio, alcachofas, leitugas, amorodos...

As sementes de calabacín que puxemos fai pouco tamén estar a asomar...

xa temos unhas prantiñas ben xeitosas!!! 

 

É un pracer ver o proceso tan de preto.

Mirade, mirade como nos vai!!

P.D. Por certo, xa probamos os primeiros amorodos fai uns días e como non...están riquísimos!!

 

PLANTANDO NO HORTO ESCOLAR

Coa chegada do bo tempo seguimos coa posta ao día do noso horto escolar. Así que aquí nos vendes mans á obra. Limpamos herbiñas malas e plantamos para que pronto poidamos ir recollendo para os nosos menús do comedor.

A cativada do noso centro, a través destas actividades aprenden facendo a orixe dos alimentos e o cultivo da terra, actividade ligada ao PDI do presente curso "Miña terra galega"

 

DISTRIBUCIÓN LEITE

Comeza o período de distribución de leite líquido de consumo durante os tempos de lecer dende o día 11 de abril de 2023. 

Esta distribución é posible, grazas a participación na convocatoria de axudas destinadas a suministrar froita fresca, castañas e leite ao alumnado dos centros escolares galegos durante o presente curso 2022-23, xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), dependente da Consellería do Medio Rural. 

 

 

leite fresco

O que a natureza nos dá

Na semana adicada ao día da Muller (8 Marzo), no Monte Baliño e relacionado co noso PDI anual "Miña terra Galega", recibimos a visita de varias mulleres para falarnos do seu traballo. Entre elas contamos con Puri, dona da explotación familiar Puluán, situada na parroquia monfortina da Reigada. 

Explicounos o seu traballo de primeira man, coñecemos a orixe de alimentos como o leite e o queixo, e sumerxémonos na organización e funcionamento dunha granxa da nosa terra, permitíndonos coñecer a nosa contorna máis próxima.

Puri deixóunos de agasallo uns queixos da súa producción que degustamos como sobremesa ese mesmo día, acompañados con marmelo. Unha delicia moi propia da nosa Galicia

 

Distribuir contido


by Dr. Radut