Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

O que a natureza nos dá

Na semana adicada ao día da Muller (8 Marzo), no Monte Baliño e relacionado co noso PDI anual "Miña terra Galega", recibimos a visita de varias mulleres para falarnos do seu traballo. Entre elas contamos con Puri, dona da explotación familiar Puluán, situada na parroquia monfortina da Reigada. 

Explicounos o seu traballo de primeira man, coñecemos a orixe de alimentos como o leite e o queixo, e sumerxémonos na organización e funcionamento dunha granxa da nosa terra, permitíndonos coñecer a nosa contorna máis próxima.

Puri deixóunos de agasallo uns queixos da súa producción que degustamos como sobremesa ese mesmo día, acompañados con marmelo. Unha delicia moi propia da nosa Galicia

 



blog | by Dr. Radut