Blogues
Na clase de 3 anos...
Enviado por goretti o Mar, 11/24/2020 - 19:13Esta semana estamos a traballar os pallasos e na clase de 3 anos estivemos probando diferentes complementos que empregan para o seu espectáculo: perrucas, narices que nos trouxo unha compañeira como agasallo,... e pasámolo xenial!
Despois do recreo tivemos a visita inesperada dun gran MALABARISTA e MAGO, o mestre José Antonio. Como un paxariño nos dixo que sabe facer malabares, démoslle tres pelotas para que nos ensinara o ben que o fai. Logo tamén nos fixo uns trucos de maxia. Quedamos abraiados e xa estamos desexando que volva visitarnos pola nosa clase!
Recomendacións de educación física para alumnado confinado
Enviado por oscargf o Ven, 11/20/2020 - 19:54Vamos a recordar la primera parte del calentamiento: la movilidad articular
Ahora realiza tu cada una de las partes de la movilidad articular
Vamos a repasar los estiramientos que hacemos en clase
Y ahora realiza estos estiramientos
1,2,3,... Acción!
Enviado por goretti o Dom, 11/15/2020 - 19:41
Ola familias!
Benvidas ao blogue de 4º de educación infantil, o cal poño en funcionamento co fin de achegar un chisco a vida dos nenos e nenas na escola aos fogares.
Espero que o gocedes tanto como o facemos nós na aula!
Goretti
Blogue de 6º de infantil
Enviado por Anónimo o Dom, 11/15/2020 - 19:16Blogue de 5º de infantil
Enviado por Anónimo o Dom, 11/15/2020 - 19:14Blogue de 5º de infantil (Aula das nubes)
Enviado por Anónimo o Dom, 11/15/2020 - 19:09Que comece a función!
Enviado por goretti o Sáb, 10/17/2020 - 15:28
Ola familia!
Os nenos e nenas de infantil vamos comezar co proxecto O CIRCO, por iso precisamos que nos axudedes a buscar información sobre os seguintes apartados:
- Onde e como se instala?
- Onde viven os artistas?
- Onde actúan?
- Que fan antes de actuar?
- Que hai na entrada do circo?
- Que artistas actúan?
- Que fan ao acabar a función?
Agradeceriámosvos que a información que nos acheguedes sexa concreta e fácil de entender para todos.
Podedes facilitarnos todo tipo de material: vídeos, fotografías, contos, xoguetes, libros,...
Tamén vos pedimos a vosa colaboración participando da ilusión que vos transmita o voso fillo ou a vosa filla cando vos explique o que traballou na aula.
Un saúdo,
O equipo de educación infantil
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- seguinte ›
- última »