Secretaría
FELICITACIÓN DE NADAL
Enviado por deli o Mar, 2021-12-21 13:16BO NADAL E FELIZ ANINOVO A TODOS/AS OS QUE FORMADES PARTE DO NOSO COLE: NENOS/AS, FAMILIAS, COIDADORAS, CONSERXES, PERSOAL DE LIMPEZA, ANPA, CONCELLO, MESTRES/AS,.
REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
Enviado por Jesusorizales o Xov, 2021-11-18 10:10
Saíu a Orde de 28 de outubro de 2021 que regula o procedemento e distribución de máscaras entre o alumnado.
Segundo a orde:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario de axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non é beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familila cunha renda percápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Alumnado matriculado en Educación Especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
En caso de presentar solicitude, está se fará de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado/a o/a alumno/a.
O prazo de entrega de solicitudes será do 15 ao 26 de novembro de 2021.
Publicacións:
Listaxe provisional: 1 de decembro de 2021. Reclamacións, 2 días hábiles despois da publicación.
Listaxe definitiva: 10 de decembro de 2021.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021
Enviado por Jesusorizales o Mér, 2021-11-03 11:161.CIRCULAR INFORMATIVA C ESCOLAR PAIS-NAIS-T. LEGAIS
2.CENSO PAIS NAIS TL TABOEIRO CENTRO
3.RECOLLIDA DO RESULTADO DO SORTEO SELECCIÓN PERSOAS MESA ELECTORAL
5.ACTA CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR.
8.CIRCULAR ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS NAIS TITORES LEGAIS
9.CIRCULAR PROFES PRESENTACIÓNS CANDIDATURAS
PROGRAMA DE ACOLLIDA PARA O XOVES, 9 DE SETEMBRO
Enviado por Jesusorizales o Mar, 2021-09-07 18:26Benvidos/as ao novo curso escolar que dará comezo o próximo día 9 de setembro.
A continuación tedes un resumo do “programa de acollida” para este día:
PROGRAMA DE ACOLLIDA PARA O DÍA 9 DE SETEMBRO.
O primeiro día de clase será o/a titor/a quen reciba ao alumnado áentradado centro acompañado/a dalgún especialista.
Osgrupos irán entrando con 10 minutos de diferenza no tempo se a porta de entrada coincide.
Levaremos a cabo as entradas do seguinte xeito:
Orde de entrada:
Educación Primaria
|
Educación Infantil |
* Pola rampla:
9:30h: 6º A e 6º B de EP 9:40h: 5º de EP |
* Pola porta de EI
10:30h: 6º de EI 10: 45h: 5º de EI
O alumnado de 4º de EI segundo o horario do Período de Adaptación. |
* Pola Autonomía:
9:50h: 4º de EP 10:00h: 3º de EP
|
|
* Pola porta principal:
9:50h: 2º de EP 10:00h: 1º de EP
|
|
Orde de saída:
Educación Primaria |
Educación Infantil |
14:25h: 1º, 2º, 3º e 4º de EP
14:30h: 5º, 6º A e 6º B de EP
|
14:15h: alumnado de EI |
* O alumnado de Educación Infantil que non sexa usuario do transporte escolar será acompañado e recollido polos seus familiares na porta de entrada a EI, situada dentro do patio cuberto do colexio.
* O transporte funcionará no seu horario habitual polo que o alumnado ten o seu dereito a utilizalo.
* O alumnado transportado terá preferencia para entrar no centro e estará acompañado por un mestre/a ata que suba a súa aula correspondente.
* O alumnado que non é usuario de transporte entrará polo portalón principal e dirixirase á porta que lle corresponde para acceder ás clases onde será gardado polo profesorado.
* O alumnado non usuario de transporte non poderá acceder ao recinto escolar ata a hora indicada no horario establecido para este día.
* Os familiares do alumnado de E. Primaria, nas entradas e saídas, deberán quedar fóra do recinto escolar salvo algunha xustificación.
* Rógase que este primeiro día non traian o material (libros, cadernos,...) ata que o mestre/a titor/a lles explique o que deben traer e cando.
Un saúdo cordial e feliz curso para todos/as.
O Equipo Directivo
ISBN dos libros de inglés 1º, 2º e 3º
Enviado por Jesusorizales o Mér, 2021-07-21 15:52Estes días atopamos un erro nos ISBN dos libros de inglés de 1º, 2º e 3º de Primaria que aparecen na lista de libros de texto.
Os códigos que aparecen son das edicións do ano pasado. Os códigos actuais son os seguintes:
PRIMEIRO:
9788420573595 |
POPTROPICA ENGLISH 1 ACTIVITY BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE ACTIVITY BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE |
9788420573588 |
POPTROPICA ENGLISH 1 PUPIL'S BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE PUPIL'S BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE |
SEGUNDO:
9788420573632 |
POPTROPICA ENGLISH 2 ACTIVITY BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE ACTIVITY BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE |
9788420573625 |
POPTROPICA ENGLISH 2 PUPIL'S BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE PUPIL'S BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE |
TERCEIRO:
9788420574059 |
POPTROPICA ENGLISH ISLANDS 3 ACTIVITY BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE ACTIVITY BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE |
9788420574042 |
POPTROPICA ENGLISH ISLANDS 3 PUPIL'S BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE PUPIL'S BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE |
Se aínda non se adquiriron os libros é preferible adquirir a edición deste ano (ISBN que se mostran arriba). Aínda así, se xa se adquiriron os libros cos ISBN do ano pasado, tamén son válidos. Non é preciso cambialos.
Listaxe definitiva de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto 2021-2022
Enviado por Jesusorizales o Ven, 2021-07-09 15:03Xa está publicada no taboleiro interior do colexio a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas para recibir libros de texto do fondo solidario (3º e 4º de EP).
Nas listaxes aparece o nome da alumna ou alumno e o número de libros que recibe, esta información non se pode expoñer en Internet.
Neste documento PDF pode ver cáles son os libros asignados en préstamo a cada alumno/a segundo o número deles que lle corresponde:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »