FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. NOVAS INCORPORACIÓNS. CURSO 2020/2021
PRAZO: 1-10 de xullo
O alumnado que estivo matriculado neste centro no curso 2019-2020 non precisa formalizar matrícula para o vindeiro curso.
Documentación:
Anexo III-1 (Formulario para a formalización de matrícula en educación infantil e primaria.) asinado.
No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos/as proxenitores/as, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos será necesario presentar a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
A entrega da documentación farase preferiblemente de xeito telemático enviando o impreso firmado ao correo electrónico do centro, ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal , ou de xeito presencial con cita previa a partir de hoxe, 30 de xuño, chamando ao teléfono do centro: 881 880 434.