Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Libros de texto e material complementario para o curso 2020-2021

30/06/2020 15:24
Europe/Madrid

Listaxe de libros de texto en formato PDF

Se ten dificultades para ver o documento PDF, pode abrir as seguintes imaxes:

 

 IMPORTANTE:

 Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º), ou a entrega de vales para a adquisición de libros (1º e 2º)

 Conserve os cadernos do alumno de música e inglés deste curso para o inicio do curso 2020-2021.

Será necesario solicitar cita previa no colexio para a recollida de vales, presentar reclamacións ou consultar as listaxes de libros asignados do fondo. Medios dispoñibles: teléfono 881 880434 , email: ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal

 

SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( VALES ).

 Publicación de listaxes: 30 de xuño de 2020

 A partires do día 30 de xuño e ata o 17 de xullo poderán recoller os vales no colexio , en horario de 11:00 a 13:30 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.

 As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, ou as que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.

 

PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO (ALUMNADO DE 3º e 4º)

 Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 10 de xullo de 2020

As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 15 de xullo de 2020 (inclusive).

Publicación das listaxes definitivas: 16 de xullo de 2020.

Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar 2020-2021.

 

MATERIAL ESCOLAR.

 EDUCACIÓN INFANTIL

O material escolar comprarase unha vez comezado o curso e formadas as cooperativas de aula. Prégase non mercar nada sen falar previamente coa persoa titora.

 

PRIMEIRO E SEGUNDO DE E. PRIMARIA.

 A listaxe de material escolar será facilitado pola persoa titora.

 

AdxuntoTamaño
libros_2020_2021106.01 KB
Normas e prazos66.26 KB
primeiro-segundo57.62 KB
terceiro-cuarto68.35 KB
quinto-sexto45.05 KB