Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS COMPRA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

19/05/2020 13:43
Europe/Madrid

Publicada no día de hoxe a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar (orde)

PRAZO:

Do 20 de maio ao 19 de xuño

DESTINATARIOS:

Fondo solidario de libros: alumnado de 3º e 4ºde EP; o alumnado matriculado en 5º e 6º de EP no curso 2020/2021 disporá de ordenadores do proxecto E-dixgal para acceder aos libros dixitais.

Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP no curso 2020/2021

Axudas para a adquisición de material escolar: o alumnado matriculado en todos os cursos de EP

SOLICITUDES:

Preferiblemente de xeito telemático a través da aplicación (enlace)

Presencialmente con cita previa no teléfono 881880434 ou no correo ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal

As solicitudes deberán estar asinadas polo pai, nai,titor/a ou representante legal do/a alumno/a.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR(preferiblemente de xeito telemático)

  • Fotocopia do DNI/NIE dos membros da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática
  • Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar a situación de 31 de decembro de 2018( en caso de non telo poderase acreditar co volante de convivencia, informe dos Servicios Sociais do Concello onde resida a familia que acredite a situación e/ou sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor)
  • Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación que acredite casos de violencia de xénero, incapacidade xudicial con patria potestad prorrogada/ rehabilitada...

Mais información no seguinte enlace fondolibros
IMPORTANTE:o alumnado que para curso 2020/2021 estará matriculado en 1º de ESO deberá presentar a solicitude no IES correspondente.