Andaina polo medio natural xuño 2017. Descrición
Opción 1 : Miradoiro de "A Miranda"
Descrición da actividade.
Data: 15 de xuño de 2017.
Saída desde o colexio: 10:00 h
Regreso ao colexio: 13:15 h
Dificultade: baixa.
Estado dos camiños: bo estado, limpos , sen risco.
Percorrido.
1 - Saída andando desde o cruce de Zarza , ao que chegaremos en autobús.
Seguiremos polo camiño de terra da dereita.
2 - Miradoiro da Miranda.
Baixada polo camiño asfaltado.
Merenda.
Inicio do descenso ata o punto 3.
3 - Visita á estación depuradora-potabilizadora de auga.
Volta ao colexio desde este punto en autobús.
(Coa tecnoloxía de Google)
Ligazón ao mapa en Google Maps: https://www.google.es/maps/@43.7228499,-7.9064724,1890m/data=!3m1!1e3
Ligazón a StreetView: https://www.google.es/maps/@43.7161248,-7.9053509,3a,75y,70.23h,76.42t/data=!3m6!1e1!3m4!1sfE_3bevpYLeddir25T2gUw!2e0!7i13312!8i6656
Equipamento: roupa e calzado adecuado para camiñar por sendas de asfalto e terra.
Unha pequena merenda e auga.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Alternativa: San Xiao - Monte Faroleiro
1 - Comezamos a andaina pola senda de terra que leva a San Xiao desde o Miradoiro da Gabeira.
2 - Desde San Xiao subimos ao camiño asfaltado para dirixirnos ao cruce co camiño do Monte Faroleiro.
3 - Ascendemos polo "camiño dos mortos" en dirección á Vacariza pola senda da dereita.
4 - Desde A Vacariza camiñamos en dirección ao Cristo de Barbas.
5 - Desde o Cristo de Barbas seguimos con dirección a Vila.
6 - Fin da andaina.