ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido no Decreto 92/1988, do 28 de abril, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 4 de outubro) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar, o vindeiro xoves, 3 de novembro, ás 09:45 horas, na dirección do centro, procederase á constitución da Xunta Electoral, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar.
Esta Xunta estará formada polo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal e un representante do persoal de administración e servizos; designados os tres últimos por sorteo público.