Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Manuel Rivas: O raposo e a mestra

00/00/
Array

O pasado mércores, 8 de abril, Manuel Rivas, escritor e xornalista galego de gran prestixio, visitou o noso colexio para presentarnos o seu libro "O raposo e a mestra", ilustrado por Jacobo Fernández.

Canda Rivas viña Cé, o home orquestra de Monforte, que puxo a banda sonora, reproducindo con gran mestría diferentes sons: as baleas, os corvos, a chuvia...

Con este libro Rivas quere renderlle unha homenaxe ao Monte Pindo, Olimpo Celta de Galicia, despois do gran incendio que o asolou no ano 2013, e á figura dos mestres.

Aquí tedes unha mostra de como Rivas contou, cantou, interpretou, bailou e...enfeitizou a pequenos e grandes coa súa obra.

 Grazas, Manuel, pola túa presenza.