Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Historia de Cariño

00/00/
Array

O diccionario xeográfico de Madoz - 1847 - dí sobre o porto de Cariño que naquela época tiña unhas 200 casas e 6 fábricas de salazón con 169 veciños = 679 habitantes . No censo de poboación de 1860 figura con 225 casas . Imaxe de fábrica de conservas
Do seu pasado sábese que a mediados do século XVIII os veciños do porto de Cariño pagaban á Marquesa de Astorga , como sucesora dos Condes de Santa Marta 18 reais por ano en razón de "Señorío e Dereitos de Talla e Matadoiro " e sábese que a fins deste mesmo século , os cataláns establecéronse neste porto coas súas importantes industrias pesqueiras .

Estas industrias comenzaron sendo só de salazón , foron logo evolucionando ó longo do seguinte século ata que no ano 1950 contaba Cariño con vinteunha fábricas de conserva que elaboraban enlatados de conservas de pescado en aceite e escabeche . Todos estes edificios se siguen conservando aínda que en activo quedan só tres destas industrias cunha importante facturación e acreditada calidade . As primitivas industrias de salazóns alineábanse ó longo do que un día foi un malecón con escollera de pedras bordeando a praia camiño do muello . Hoxe chámase Avda. de Manuel Fraga Iribarne e quedou como testemuña muda desta puxante industria de salazóns , os píos onde se facía a salmueira que as modernas construccións tiveron que ir destruíndo e rellenando . A especie que máis traballaron estas fábricas de salazóns foi o "bocarte" que os casteláns chaman boquerón . Unha vez sen entranas , metíase en salmueira e colocábase cuidadosamente en sucesivas capas dentro de toneles . Cubríanse cunha tapa e cargábase cun "morto" ou sexa un gran peso elaborado con mortero e pedras , ibáse prensando e escurrindo o líquido orgánico que saía polo burato do fondo durante varios meses . Cando os dous costados se separaban facilmente , considerábase que o peixe "anchoaba" polo que podía ser exportade para Xénova onde se realizaban as restantes secuencias de comercialización .Outra faceta na salazón era naquel tempo a sardiña prensada en "tabales"u toneles duns 20 ou 25 centímetros de altura que ían logo a parar ó Sur e a Castela . O comprexo indusatrial de Cariño no ano 1931 estaba formado por 3 fábricas de conservas con escabeches e salazón , 11 fábricas con só escabeches e salazón e 22 con salazón nada máis , nas que se preparaba como queda xa dito anchoas en salmueira , sardiñas saladas e prensadas , verdel , chicharros e bonito en escabeche . Había neste tempo tamén 3 depósitos de carbón , para queimar nas caldeiras dos barcos , dous almacéns de sal . e 3 de materiis de construcción e saneamento .

O primitivo porto de Cariño foi construído por Real Orde do 26 de Outubro de 1906 que aprobou o proxecto destas obras de abrigo cun presuposto de 181.462 pts. . Considerándose insuficiente este rompeolas , proxectouse catro anos máis tarde , amplialo ata 150 metros de longo o que non acabou levándose a cabo o desistir desta ampliación alegando que quizabes a area fora cegando paulatinamente a parte do porto de abrigo e quedaría sen calado durante as secante das mareas vivas .  
Imaxe embarcación
Definitivamente quedou construído un malecón-rompeolas en forma de escollera con grandes bloques de pedra de 93 metros de longo cun ancho de 25 metros na base en principio e 31.60 metros no seu extremo cuio malecón arrancaba dun pouco máis adentro da Punta do Castro e de Pedras-Chas que logo destruíu a acción do mar . Pola le do 3 de Maio de 1895 o Porto de Cariño foi declarado "Puerto de Refugio" e polo conseguinte de interese xeral . Dende sempre os cariñenses viviron do mar , dos seus productos especialmente pesqueiros , sendo neste sentido o máis considerable porto da comarca . .

No ano 1931 contaba Cariño con 33 barcos a vapor para pesca . Naquel tempo debido ás deficiencias do porto cando se albiscaba unha mareira ou prometía galerna ou temporal recurríase a cruza-la barra e abrigarse na ría de Sismunde ata que pasaba o mal tempo . Contaba tamén Cariño con cen ambarcacións menores de remo e vela .