Cariño
O concello de Cariño, constituído polas parroquias de Cariño, A Pedra, Sismundi, Feás e Landoi, está situado no norte da provincia da Coruña, entre a Serra da Capelada e o Cabo Ortegal. O concello ocupa unha extensión de 46 quilómetros cadrados e limita ao norte co mar Cantábrico; ao sur con Ortigueira, ao suroeste con Cedeira, e ao sueste linda coa ría de Cariño-Ortigueira. A situación do municipio entre a Serra da Capelada e a ría de Ortigueira dá lugar a dúas unidades de relevo diferenciadas. O conxunto montañoso da Capelada ocupa a metade occidental, con alturas en torno aos 600 metros que caen cara ao mar en forma de pronunciados cantís.
Google Street View: https://www.google.es/maps/@43.7334982,-7.8745482,3a,60y,105.18h,88.67t/data=!3m6!1e1!3m4!1sk1q6gmxQvLAS-HQ7K-xOPg!2e0!7i13312!8i6656