Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

AVISO DA DIRECCIÓN

00/00/
Array

SUSPENSIÓN DE CLASES - MÉRCORES, 16 DE DECEMBRO

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.

Esta medida foi comunicada a este centro de forma oficial ás 14:48 horas do martes, día 15 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que non houbo posibilidade de comunicación individualizada aos pais/nais/titores legais dos alumnos.