AVISO URXENTE
Segundo correo electrónico da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibido no Centro ás 20:05 horas de hoxe, día 8 de febreiro:
A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa.
Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro.
A Dirección do Centro.