Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

MAGOSTO ENTRE CABAZAS E CASTAÑAS

00/00/
Array

MAGOSTO, ENTRE CABAZAS E CASTAÑAS

I Concurso-exposición de cabazas decoradas, taller de xogos populares, tradicional asado e degustación de castañas... son algunhas das actividades que celebraremos no noso cole durante este mes de novembro.

A mellor maneira de outorgar á cultura celta a importancia que se merece é revivindo unha das súas máis antigas festividades: o samaín.

Tentaremos achegar o alumnado a esta tradición dunha maneira formativa, a través das programacións de aula nas que se analizan as orixes desta festa e dunha manerira lúdica, mediante a decoración das cabazas.

Neste I Concurso de cabazas decoradas poderá participar toda a comunidade educativa. Os nenos/as aproveitarán a axuda das familias ou dos profesores para decorar de orixinais formas as súas cabazas.

Haberá premio para a cabaza máis... enxebre, orixinal, terrorífica, pequena e "fashion".

Olla as fotos da nosa exposición.