Eventos
Mañá luns, 14 de outubro, celebramos o Día das Escritoras. Data na que se pretende eloxiar e darlle visibilidade a aquelas escritoras que ao longo da historia non sempre gozaron do recoñecemento e dos dereitos para exercer o seu traballo.
Señoras e señores, collan o seu libro favorito, póñanse cómodos/as e que comece a diversión! Este curso Luscofusco- A casiña das letras abre as súas portas por todo o alto! Dende o equipo de biblioteca decidimos realizar unhas xornadas de portas abertas, para que o alumnado vexa que a biblioteca é un lugar dinámico, polivalente, atractivo...así realizamos dous obradoiros: un de maquillaxe terrorífica dirixido ao alumnado de Educación Primaria e outro de robótica para os máis pequenos/as do cole e o primeiro nivel de Educación Primaria. Atentos/as as seguintes entradas para ver o resultado
Grazas á colaboración da biblioteca do pobo, debido a conmemoración deste día, o alumnado de Educación Infantil e o primeiro nivel de Educación Primaria; puido gozar dun anaco ben divertido con esta contacontos.