Eventos
Aquí vos deixamos unha recopilación do ben que o pasaron os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria, no Encontro de Compañías de LÓVA de Galicia. De seguro foi unha experiencia fantástica e voltaron cheos de ideas e coñecementos, e do máis importante, moitísima ilusión co seu proxecto. Ide activando a conta atrás porque non queda nadiña para que Soletes (así se fan chamar) estreen a súa obra e de seguro nos deixarán coa boca aberta.
https://www.facebook.com/photo?fbid=438552545756594&set=pcb.438554052423110
https://www.facebook.com/100088055559789/videos/829738559050284
Hoxe levamos a cabo esta actividade tan tenra e fermosa. Os maiores de Landoi viñeron visitarnos ao cole, acudimos con eles/as á biblioteca, e ali estivemos un bo anaco: cantáronnos unha canción e nos a eles/as, léronnos un conto, contáronnos cousas de cando ian ao colexio...En definitiva foi un intercambio interxeneracional moi bonito; non sabemos quen o pasaría mellor...os máis pequenos ou os máis maiores? Por suposto, agradecemos enormemente de novo, esta visita. Desexamos que sexa a primeira de moitas.
Así de fermosas quedaron as pulseiras nas que escribimos as palabras apadriñadas e que lucimos na saída á praia para celebrar o Día dos Océanos :))
O alumnado de 5º B de primaria desevolveu un traballo sobre o estudo da contorna natural do colexio. Este traballo foi presentado ao concurso Caderno de Campo do programa prensa - escuela de La Voz de Galicia.
Aquí vos deixo un resumo da actividade que realizaron na praia os nenos/as do cole. O tempo non acompañou demasiado, pero deu un respiro para recoller os plásticos que había na na praia, merendar e algún incluso xogar.
Aqui vai un pequeno resumo da actividade realizada a semana pasada na praia. O tempo non respectou demasiado, e tivemos que acortar a actividade, malia así puidemos recoller basura, merendar e algún grupo incluso xogar algo.
Ata o 30/06/2023 procederase á confirmación de matrícula para o curso 2023-2024.
Esta confirmación de matrícula é aplicable ao alumnado de novo ingreso no centro que participou no proceso de Admisión do Alumnado. Os alumnos que xa están matriculados no centrto e continúan nel non precisan facelo.
Para formalizar a matrícula precísase entregar na secretaría do centro a seguinte solicitude debidamente cuberta e firmada e o anexo de cesión de dereitos de imaxe e lingua materna do alumno/a-
- DOCUMENTO DE CONFIRMACIÓN DE MATRÍCULA
- Autorización de cesión de dereitos de imaxe. (en caso de non telo presentado previamente coa solicitude de admisión).
- Lingua materna do/a alumno/a
Ademáis entregaranse 2 fotografías tamaño DNI.