Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Maio 30, 2024
Start: 30/05/2024 10:12

Mirade que ben o pasaron os pequenos/as de 4 anos este curso nas súas visitas á aula multisensorial. Un aula chea de estímulos e ideal para observar, tocar, probar...Dende logo non perdades a oportunidade de sumerxirvos no mundo dos sentidosGuiño

Sábado Xuño 01, 2024
Start: 01/06/2024 10:28

Aquí vos deixamos unha recopilación do ben que o pasaron os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria, no Encontro de Compañías de LÓVA de Galicia. De seguro foi unha experiencia fantástica e voltaron cheos de ideas e coñecementos, e do máis importante, moitísima ilusión co seu proxecto. Ide activando a conta atrás porque non queda nadiña para que Soletes (así se fan chamar) estreen a súa obra e de seguro nos deixarán coa boca aberta.

 

 

 

https://www.facebook.com/photo?fbid=438552545756594&set=pcb.438554052423110

https://www.facebook.com/100088055559789/videos/829738559050284

Luns Xuño 03, 2024
Martes Xuño 04, 2024
Start: 04/06/2024 09:22
 
Mércores Xuño 05, 2024
Start: 05/06/2024 18:56

Start: 05/06/2024 19:05

Hoxe levamos a cabo esta actividade tan tenra e fermosa. Os maiores de Landoi viñeron visitarnos ao cole, acudimos con eles/as á biblioteca, e ali estivemos un bo anaco: cantáronnos unha canción e nos a eles/as, léronnos un conto, contáronnos cousas de cando ian ao colexio...En definitiva foi un intercambio interxeneracional moi bonito; non sabemos quen o pasaría mellor...os máis pequenos ou os máis maiores?Sorriso Por suposto, agradecemos enormemente de novo, esta visita. Desexamos que sexa a primeira de moitas.

Luns Xuño 10, 2024
Start: 10/06/2024 13:03

Así de fermosas quedaron as pulseiras nas que escribimos as palabras apadriñadas e que lucimos na saída á praia para celebrar o Día dos Océanos :))

 

 

Martes Xuño 11, 2024
Start: 11/06/2024 17:26

O alumnado de 5º B de primaria desevolveu un traballo sobre o estudo da contorna natural do colexio. Este traballo foi presentado ao concurso Caderno de Campo do programa prensa - escuela de La Voz de Galicia.

 

 

Preme para ver o noso traballo completo.

Xoves Xuño 13, 2024
Start: 13/06/2024 10:02

Aquí vos deixo un resumo da actividade que realizaron na praia os nenos/as do cole. O tempo non acompañou demasiado, pero deu un respiro para recoller os plásticos que había na na praia, merendar e algún incluso xogar.

Start: 13/06/2024 10:04

Aqui vai un pequeno resumo da actividade realizada a semana pasada na praia. O tempo non respectou demasiado, e tivemos que acortar a actividade, malia así puidemos recoller basura, merendar e algún grupo incluso xogar algo.

 

Venres Xuño 14, 2024
Start: 14/06/2024 13:32

Ata o 30/06/2023 procederase á confirmación de matrícula para o curso 2023-2024.

Esta confirmación de matrícula é aplicable ao alumnado de novo ingreso no centro que participou no proceso de Admisión do Alumnado. Os alumnos que xa están matriculados no centrto e continúan nel non precisan facelo.

 Para formalizar a matrícula precísase entregar na secretaría do centro a seguinte solicitude debidamente cuberta e firmada e o anexo de cesión de dereitos de imaxe e lingua materna do alumno/a-

 Ademáis entregaranse 2 fotografías tamaño DNI.

Luns Xuño 17, 2024
Start: 17/06/2024 17:14

Luns Xuño 24, 2024
Start: 24/06/2024 14:35

 Listaxe dos libros de texto para o curso 2024-2025.


 

 
Xoves Xuño 27, 2024
Start: 27/06/2024 09:27
 
Distribuir contido