Eventos
Comunícase que, unha vez finalizado o prazo para solicitar a reserva de praza para o vindeiro curso académico 2024 - 2025, e despois de validar e asignar as prazas de todas as solicitudes presentadas no noso centro, todo o alumnado que presentou a súa solicitude dentro do prazo establecido (22 solicitudes en total) ten praza para cursar o 1º curso da ESO no IES Cabo Ortegal.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) para todo o alumnado de novo ingreso no centro para o curso 2024/25
- Alumnado de 4º educación infantil (3 anos): precisa entregar a solicitude (ED550B) e documento acreditativo da idade do/a alumno/a.
- Alumnado de outros cursos procedente doutros centros: precisa entregar a solicitude (ED550B), documento acreditativo da idade e certificado de matrícula actual do/a alumno/a.
A solicitude pódese descargar nos enlaces seguintes, cubrir manualmente e presentar presencialmente na secretaría do centro ou ben entrar na aplicación de "admisión do alumnado", no apartado 2.2.4 (crear), cubrir dixitalmente, imprimir e presentala igualmente no centro asinada manualmente.
Tamén se pode presentar telemáticamente a través da aplicación "admisionalumnado" para o que é preciso ter a chave 365 ou certificado dixital.
O modelo pódese descargar nas ligazóns a continuación ou recollelo no centro (conserxería ou secretaría).
DOCUMENTACIÓN:
Xunto coa solicitude é preciso presentar a seguinte documentación:
- Certificado de empadroamento do/a alumno/a e os seus proxenitores.
- Fotocoipa do libro de familia (se houbese)
- DNI, NIE ou Pasaportes dos proxenitores e do alumno (se houbese).
En caso de que no centro xa dispoñamos de copia desta documentación non é preciso volvela a presentar.
Aquí vos deixamos o video do traballo realizado para o Día da Paz e NON Violencia