Eventos
Hoxe tivemos maxia tola e lectora co título de "Leo Leiño".Un espectáculo que nos ofreceu a Biblioteca municipal e, que debido ao mal tempo, démoslle a benvida no noso salón Manuel Murguía. O alumnado e o profesorado participou e intaraccionou coas directoras do espectáculo. Foi tempo moi divertido, onde a lectura e o hábito lectorforon os protagonistas. Esta é a primeira actividade para celebrar o Día das Bibliotecas /24 de outubro). Seguiremos a semana que vén.
Feliz finde a todos/as
Preme aquí se queres imprimir a etiqueta para identificar a túa sobremesa. Tamén lla podes pedir ao teu titor/a :)
Queremos ensinarvos a nosa Aula Multisensorial coa que estamos moi satisfeitos/as. É un espazo dedicado especialmente ao noso alumnado NEE e NEAE, pero do que todos/as nos podemos aproveitar. Son xa dous cursos os que levamos traballando esta aula e, na que por terceiro ano consecutivo, seguiremos afondando en coñecemento e proxeccións para sacarlle o máximo partido en beneficio dos/as nosos/as nenos/as.
Mil grazas ao alumnado e as súas familias por este derroche de imaxinación e creatividade. encheron o noso patio de sabor e Arte Culinaria. Foi complicadísimo decantarse por algunha, todas as sobremesas eran terrorificamente espectaculares.
Aquí están os noso nenos/as degustando e saboreando as sobremesas para poder decidir.
E despois da degustación chegaron os xogos. Aquí uníuse a tradición Halloween-Samaín e, coa mazá como elemento principal, xogamos a:
Apple Bobbing.
Apples on a String.
Unha mazá nunha culler.
Carreiras cunha mazá nos xeonllos.
Carreiras cunha mazá na fronte.