Eventos
Outro ano máis imos colaborar con Mariola Solidaria( www.csmariola.com) unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2023 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar inicalmente é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.
A Partir do luns e ata o xoves 5 podedes deixar no salón de actos do cole as bolsas con roupa e calzado usados
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
Hoxe tivemos maxia tola e lectora co título de "Leo Leiño".Un espectáculo que nos ofreceu a Biblioteca municipal e, que debido ao mal tempo, démoslle a benvida no noso salón Manuel Murguía. O alumnado e o profesorado participou e intaraccionou coas directoras do espectáculo. Foi tempo moi divertido, onde a lectura e o hábito lectorforon os protagonistas. Esta é a primeira actividade para celebrar o Día das Bibliotecas /24 de outubro). Seguiremos a semana que vén.
Feliz finde a todos/as
Preme aquí se queres imprimir a etiqueta para identificar a túa sobremesa. Tamén lla podes pedir ao teu titor/a :)