Eventos
Reserva de praza para o centro adscrito, IES Cabo Ortegal
O alumnado que neste curso 2022-2023 cursa 6º de Educacion Primaria inicia a partir do 16 de xaneiro de 2023 o proceso de reserva de praza no IES Cabo Ortegal para o curso 2023-2024.
Calendario:
Solicitudes: 16 de xaneiro - 6 de febreiro.
Rexistro: 14 de febreiro.
Lista de reserva: 22 de febreiro.
Pódese presentar a solicitude:
- Telemáticamente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- A través da SEDE DA XUNTA
- Presencialmente no centro educativo CEIP Manuel Fraga Iribarne.
Se se autorizan as comprobacións de datos polos proxenitores non é preciso entregar ningunha outra documentación á parte dos anexos I e II.
Documentación descargable.
Anexo I (Solicitude) e Anexo II en GALEGO
Anexo I (Solicitud) y Anexo II en CASTELLANO
Normativa relacionada
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Hoxe celebramos no noso cole un Día moi especial, onde cantamos, bailamos e berramos pedindo "UN MUNDO EN PAZ". Desexamos o fin da guerra en tantos e tantos paises que viven esta lacra, pero sobre todo , pedimos que parara a guerra en Ucrania, o país dos/as nosos/as compañeiros/as, que se viron obrigados a fuxir e deixar atrás todo o que eles/as coñecían.
Deixámosvos un pequeno adianto cunhas fotos, pero prometemos ensinarvos un video con todo o que fixemos, en canto sexa posible.
Estimadas Familias:
O vindeiro luns día 30 de xaneiro conmemorouse o Día Escolar da non Violencia e da Paz.
Con tal motivo, no centro leváronse a cabo unha serie de actividades ao longo da semana (XXX Semana Solidaria). Unha delas é unha cuestación anónima e voluntaria para recadar fondos para unha causa benéfica. A organización solidaria para a que irán destinados estes fondos será CARITAS CARIÑO.
A recollida dos sobres no colexio coa aportación anónima e voluntaria farase ao longo da semana do 6 ao 10 de febreiro.
Nas familias poderíades traballar este aspecto solidario facendo partícipes aos vosos/as fillos/as e sendo eles/as quen aporten, sempre de xeito voluntario, dos seus propios aforros.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración que se ven prolongando neste colexio desde o comezo desta actividade no ano 1993.
*Recordamos que o sobre debe traerse de novo ao colexio, cerrado, CON ou SEN aportación.
Un saúdo
A Dirección
Cariño a 3 de febreiro de 2023