Eventos
Queremos que vexades como se están a transformar os nosos espazos de lecer, un camiño que comeza o seu percorrido o curso pasado ca pretensión de mellorar e facer que os nenos/as atopen o seu lugar de goce neles.
Hoxe Eva, antigua propietaria de Cadena 100, fixo unha fantástica doazón de disfraces e complementos para os nosos nenos/as. A nós como colexio non nos pode vir mellor todo este material, xa que estamos ideando e organizando uns recunchos de xogo simbólico a través dos disfraces, que estarán situados tanto na biblioteca como no espazo "Como me gusta Argallar". Ademais, este ano, con motivo desta acción de Eva, os/as nenos/as que participaron no concurso de cabazas de Samaín poideron levar un agasallo elexido entre as cousas que ela nos trouxo.
Queremos deixar constancia do agradecemento a esta persoa, que de xeito altruista pensou no noso alumnado como beneficiario deste magnifico agasallo, que lles servirá para seguir desenrolándose e aprendendo a través do xogo.
MIL GRAZAS EVA NO NOME DOS/AS NENOS/AS!!!
Aquí tedes algunhas fotos de cousas doadas:
.
Ola Familias, como xa sabedes, a consecuencia dos paros da Pandemia, este curso volvemos a ter Eleccións ao Consello Escolar por segundo ano consecutivo.
Aínda que iremos publicando algúns dos documentos deste proceso de elección gustariame recordarvos que:
- está o censo dos representantes do alumnado no taboeiro de anuncios da entrada ao cole para calquera posible reclamación.
-o período de reclamacións ao censo é ata o 17 de novembro.
- o prazo de presentación de candidaturas vai do 11 ao 18 de novembro (ambos incluidos).Anímosvos a que vos apuntedes a participar na vida escolar!!!
- As votacións para todos os sectores serán o 29 de novembro.(Recordade que tanto pais como nais tedes dereito a votar. Esperámosvos a todos /as, é importante que veñades a votar!!!)
Saúdos
1. CIRCULAR INFORMATIVA PAIS /NAIS /TITORES LEGAIS ELECCIÓNAS PARCIAIS CONSELLO ESCOLAR
Aínda que a escolla foi moi difícil polo alto nivel de creatividade de todos/as os/as participantes... xa temos os/as esperados/as gañadores e gañadoras do noso concurso de cabazas!!!
Moitos parabéns e graciñas a todos e todas por participar :)
Decoramos os corredores con pobos de Samaín e disfrazámonos!
Este ano, para decorar os nosos corredores de Samaín /Halloweén eliximos "Pobos de Samaín", onde aparecían pantasmas , bruxas/witches, morcegos/bats , casas encantadas/ haunted houses, ....e moitas cousas terroríficas. Coma sempre foi un tempo de festa e traballo onde o alumnado gozou facendo, decorando, participando e disfrazándose. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Este ano para celebrar o Día das Bibliotecas eleximos unhas Xornadas de Xogos de Mesa na nosa biblioteca:"Luscofusco, A Casiña dos Libros". Todos os niveis de EI e EP pasaron pola biblioteca a gozar de xogos de mesa, pasando por todos os xogos do circuito que resultaron súper atractivos e motivadores para o noso alumnado. Todos/as gozamos da xornada polo que coidamos que foi un acerto enfocar este día con esta actividade.
Aquí vos deixamos un video que recolle diferentes momentos desta actividade. Esperamos que vos guste
Hoxe os nenos/as de EP foron a Casa da Cultura a gozar dun espectáculo que nos ofreceu o Concello de "Cidade Ciencia", titulado "Que traballo tan curioso" onde a científica Luisa, membro de CSIC, que explicou a importancia da hixiene persoal dun xeito lúdico e divertido.