Eventos
Está exposta no vestíbulo do centro a lista provisional do alumnado que iniciará a escolarización en 4º de EDUCACIÓN INFANTIL o vindeiro curso 2021-2022 (todas as solicitudes presentadas foron admitidas).
A lista definitiva estará exposta antes do 15 de maio.
A formalización da matrícula deberá facerse entre o 20 e o 30 de xuño entragando no centro o formulario adxunto.
DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA.
Lexislación relacionada:
ORDE do 18 de decembro de 2020
Dende o Equipo TIC retomamos o II Concurso fotográfico do curso pasado (que fora cancelado pola situación sanitaria do momento), con distinto tema: "Cariño e o mar"
Premede en "Adxunto" para ler as bases do concurso.
Animádevos a participar!!
Atendento á Orde do 2 de marzo de 2021 e á Circular 2/2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, establecéronse para este centro os seguintes prazos para a reclamación das cualificacións finais e das decisións de promoción en Educación Infantil e Educación Primaria:
- 22 de xuño: comunicación ás familias das cualificacións finais e decisión de promoción.
- 23 e 24 de xuño: prazo para que as familias podan solicitar por escrito, debidamente xustificado, a revisión das cualificacións finais e decisión de promoción.
- 29 e 30 de xuño: prazo para presentar reclamación ante a Xefatura Territorial.
A información máis ampla e detallada podédela consultar nos seguintes enlaces: