Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Febreiro 27, 2021

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

 

 

CURSO 2021/2022

 

 

 

PRAZO: DO 1 AO 22 DE MARZO DE 2021

 

 

 

O vindeiro luns, 1 de marzo de 2021 iníciase a fase de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, reguladas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2021/22.

 

O alumnado que xa está matriculado neste centro non ten que facer ningún trámite.

 

 

 

O alumnado que iniciará a escolarización en 4º de EDUCACIÓN INFANTIL no vindeiro curso 2020/2021 deberá realizar a presentación da solicitude no colexio solicitando cita previa no teléfono 881 88 04 34 ou facéndoo a través da web da Consellería de Educación (admisionalumnado).

 

Tanto no caso de presentar a solicitude telemáticamente como no caso de presentala directamente no centro deberá achegarse fotocopia da documentación pertinente:

  • DNI da alumna/o en caso de telo.
  • DNI proxenitores.
  • Libro de familia.
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Certificado oficial do expediente académico se é o caso.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
  • No caso de presentar a solicitude persoalmente no centro, ésta estará firmada alomenos por un dos proxenitores.
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito-ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
  • No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.
  • Outra documentación.

 

 

 

Axuda e Normativa relacionada

 

 

 

Impreso de solicitude: GALEGO / CASTELÁN

 

 

 

 

 

Sábado Marzo 27, 2021
Start: 27/03/2021 02:05

Onte venres, 26 de marzo, os alumnos e alumnas de 2º curso de primaria participaron telemáticamente por videoconferencia na actividade “Buscando vida no universo”, que forma parte do proxecto CiudadCiencia, un proxecto de divulgación científica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e da Fundación Española para la Ciencia y la tecnología (FECYT) coa colaboración do Concello de Cariño.

Reseña en ENFOQUES.GAL

  Clase de 2ºA

 

 

 Clase de 2º B

 

Distribuir contido