Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Febreiro 05, 2021
Start: 05/02/2021 10:49

A vindeira semana empezamos cos mandados do Meco para celebrar o Entroido no colexio. Este ano esta será a única celebración que se fará xa que non haberá desfile nin confección de disfraces nas aulas. Os mandados do Meco serán coma tódolos anos acumulativos para rematar o venres 12 traendo postos todos os adornos.

Os mandados do Meco están neste anuncio no arquivo adxunto

Sábado Febreiro 27, 2021

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

 

 

CURSO 2021/2022

 

 

 

PRAZO: DO 1 AO 22 DE MARZO DE 2021

 

 

 

O vindeiro luns, 1 de marzo de 2021 iníciase a fase de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, reguladas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2021/22.

 

O alumnado que xa está matriculado neste centro non ten que facer ningún trámite.

 

 

 

O alumnado que iniciará a escolarización en 4º de EDUCACIÓN INFANTIL no vindeiro curso 2020/2021 deberá realizar a presentación da solicitude no colexio solicitando cita previa no teléfono 881 88 04 34 ou facéndoo a través da web da Consellería de Educación (admisionalumnado).

 

Tanto no caso de presentar a solicitude telemáticamente como no caso de presentala directamente no centro deberá achegarse fotocopia da documentación pertinente:

  • DNI da alumna/o en caso de telo.
  • DNI proxenitores.
  • Libro de familia.
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Certificado oficial do expediente académico se é o caso.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
  • No caso de presentar a solicitude persoalmente no centro, ésta estará firmada alomenos por un dos proxenitores.
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito-ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
  • No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.
  • Outra documentación.

 

 

 

Axuda e Normativa relacionada

 

 

 

Impreso de solicitude: GALEGO / CASTELÁN

 

 

 

 

 

Distribuir contido