Eventos
O pasado mércores a dirección do centro solicitou ao Concello unha desinfección das aulas afectadas con casos positivos de Covid-19.
Onte acudiron ao centro operarios do Concello e desinfectaron a entrada principal e o patio cuberto.
Hoxe unha empresa especializada pasou a realizar a desinfección das aulas afectadas.
Actualizado o Plan de Continxencia ante peche dunha ou varias aulas, ou do centro na súa totalidade a causa da Covid-19.
O documento recolle como se actuará inmediatmente despois da comunicación por parte das autoridades sanitarias do peche dunha ou varias aulas, ou do centro educativo.
A continuación adxúntanse os documentos onde se informa ás familias de cada clase de como será o traballo co alumnado en caso de peche dunha aula, dun nivel ou do centro na súa totalidade. Estes documentos están elaborados polos equipos docentes de cada clase e axústanse á normativa vixente.