Eventos
Como adianto á publicación das listaxes provisionais e definitivas, que se fará unha vez rematado o prazo de matrícula o 10 de xullo (provisionais) e o 16 de xullo para a listaxe definitiva, facemos o seguinte comunicado informativo sobre a relación de libros que se entregarán desde o fondo solidario.
Alumnado que pasa a terceiro: desde o colexio estase a informar ás persoas solicitantes das solicitudes excluídas ou que recibirán catro libros.
Alumnado que pasa a cuarto: todo o alumnado que o solicitou recibirá a totalidade dos libros de texto.
Cadernos do alumnado que non se entregan desde o fondo solidario:
- INGLÉS “GREAT EXPLORERS ACTIVITY BOOK” (Oxford) ISBN 978-01-9450-760-8
- MÚSICA “MELODÍA 4” (Galinova) ISBN 978-84-9737-239-8
Para calquera asunto deberá solicitar cita previa no teléfono 881 880 434.
Horario de atención ao público: de 10:00 a 13:30 horas.
Xa está publicada no taboleiro interior do colexio a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas para recibir libros de texto do fondo solidario.
Nas listaxes aparece o nome da alumna ou alumno e o número de libros que recibe, esta información non se pode expoñer en Internet.
Máis información neste documento PDF: nota sobre o reparto.
O mesmo documento en formato imaxe: nota sobre o reparto (imaxe)
Importante: detectouse un erro no nome do caderno do alumno de inglés de terceiro, na anterior listaxe figuraba o do curso actual, xa está correxido.