Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Xullo 02, 2020
Start: 02/07/2020 11:40

 

Xa está exposta no taboleiro interior do colexio a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas de vales para adquirir libros de texto e material escolar.

Lembramos unha vez máis que este ano non se pode facer exposición pública dos resultados.

As persoas excluídas recibirán unha notificación do colexio para informar da situación. En calquera caso pódese chamar ao colexio para concertar unha cita para a revisión da listaxe, a presentación de reclamacións, ou a recollida dos vales.

Teléfono: 881 880 434

email: ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal

 

 

Venres Xullo 03, 2020
Start: 03/07/2020 14:03

Como adianto á publicación das listaxes provisionais e definitivas, que se fará unha vez rematado o prazo de matrícula o  10 de xullo (provisionais) e o 16 de xullo para a listaxe definitiva, facemos o seguinte comunicado informativo sobre a relación de libros que se entregarán desde o fondo solidario.

 

Alumnado que pasa a terceiro: desde o colexio estase a informar ás persoas solicitantes das solicitudes excluídas ou que recibirán catro libros.

 

Alumnado que pasa a cuarto: todo o alumnado que o solicitou recibirá a totalidade dos libros de texto.

 Cadernos do alumnado que non se entregan desde o fondo solidario:

  • INGLÉS  “GREAT EXPLORERS ACTIVITY BOOK”  (Oxford)  ISBN 978-01-9450-760-8
  • MÚSICA “MELODÍA 4” (Galinova) ISBN 978-84-9737-239-8

 

Martes Xullo 07, 2020
Start: 07/07/2020 10:53

Para calquera asunto deberá solicitar cita previa no teléfono 881 880 434.

Horario de atención ao público: de 10:00 a 13:30 horas.

Mércores Xullo 15, 2020
Start: 15/07/2020 13:40

Xa está publicada no taboleiro interior do colexio a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas para recibir libros de texto do fondo solidario.

Nas listaxes aparece o nome da alumna ou alumno e o número de libros que recibe, esta información non se pode expoñer en Internet.

Máis información neste documento PDF:  nota sobre o reparto.

O mesmo documento en formato imaxe: nota sobre o reparto (imaxe)

 

Importante: detectouse un erro no nome do caderno do alumno de inglés de terceiro, na anterior listaxe figuraba o do curso actual, xa está correxido.

 

 

 

Distribuir contido