Eventos
Segundo as instrucións da ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B), artigo 13 bis, facemos pública a listaxe de solicitudes de axudas para libros e material escolar excluídas, coa causa da exclusión.
Listaxe de solicitudes de axudas para libros e material escolar excluídas.
Importante:
As persoas solictantes dispoñen de 10 días para formular reclamacións no colexio.
As persoas solicitantes que non aparecen na listaxe de excluídas, poderán recoller o vale no colexio ata o 12 de xullo, en horario de 11:00 a 13:30 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.
Segundo as instrucións da ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B), artigo 13 bis, facemos pública a listaxe do reparto de libros de texto.
Os libros entregaranse ao inicio do curso escolar 2019-2020