Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Maio 20, 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
20
21
Start: 21/05/2019 00:00

PRAZO:

Desde o día 21 de maio ata o 21 de xuño inclusive.

DESTINATARIOS:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP,  xa que o alumnado matriculado en 5º e 6º de

EP disporá dos ordenadores do proxecto E-Dixgal para acceder aos libros dixitais.

Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

Axudas para material escolar: alumnado matriculado en todos os  cursos de EP.

PRESENTACIÓN:

As solicitudes poden presentarse:

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

  • A solicitude cuberta e asinada polo/a: pai/ nai/ titor/ a do alumno/a.

  • Fotocopia do DNI/ NIE dos membros da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática.

  • Fotocopia do libro de familia onde figuren os membros computables da unidade familiar a situación de 31 de decembro de 2017 (en caso de non telo, poderase acreditar con: certificado/ volante de convivencia, informe dos Servizos Sociais que acredite a situación e/ ou sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou convenio regulador onde conste a custodia do/ a menor).

  • Grao de discapacidade (agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará no caso de non autorizar a súa verificación).

  • Outra documentación que acredite casos de violencia de xénero, incapacitación xudicial con patria potestadeprorrogada/ rehabilitada…

Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190520_fondolibros.pdf

22
Start: 22/05/2019 23:00

Mañá xoves, 23 de maio, as 12.30 nos visitará  por segunda vez o aotor do libro "Poemas con Canela", Miguel Anxo Romero.

Está vez virá acompañado das autoras da música dos seus poemas, Bárbara Mourelo e Ana Rey. Levarán a cabo un obradoiro encol da obra mencionada.

Neste obradoiro traballaranse tanto os textos dos "poemas con canela" como a música. Tamén habera ocasión dun turno de preguntas e establecerase unha interación entre os alumnos e profesores e os nosos convidados.

Por últimó haberá unha firma de exemplares do libro "Poemas con Canela"  e "Pompas de Cores" para todo aquel que o desexe.

 

            
   
23
Start: 23/05/2019 09:30

O colexio de Cedeira organiza para o día 23 de maio unha xornada de promoción do atletismo para á que invitou a participar ao alumnado de quinto do noso colexio.

A hora de saída será as 9:30 desde o colexio, e o regreso antes das 14:30 tamén ao colexio.

Cada alumna e alumno debe participar en varias disciplinas de atletismo, agrupadas en carreiras, saltos e lanzamentos.

Asignáronnos a cor negra, polo que o alumnado deberá levar unha camiseta desa cor.

 

 

 

Vídeo da actividade: http://youtu.be/dt8GsRL24Yk

icona dos xogos olímpicos

 

 

24
25
26
Start: 26/05/2019 00:00

Durante os días 28 e 29 de maio aplicaranse no colexio as probas da avaliación individualizada do alumnado de terceiro curso de E. Primaria.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190503/AnuncioG0534-230419-0007_gl.html

 

Distribuir contido