Eventos
Durante os días 28 e 29 de maio aplicaranse no colexio as probas da avaliación individualizada do alumnado de terceiro curso de E. Primaria.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190503/AnuncioG0534-230419-0007_gl.html
O vindeiro martes, día 28 de maio, ás 16:00 horas, no Salón de Actos do centro, haberá unha charla informativa sobre os "Riscos de Internet", impartida por José Antonio Franco, formador do Plan Director e dirixida a pais/nais/alumnos/as e profesores.
Pola mañá asistirá a esta charla o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
Esperámosvos!!!
Xa temos dispoñible o número 73 do noso xornal escolar "O Espigonciño"
Preme para velo en formato PDF.
IMPORTANTE:
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º ), ou a entrega de vales para a adquisición de libros ( 1º e 2º)
O alumnado de 5º e 6º utilizará recursos dixitais dentro do programa e-Dixgal.
SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( VALES ).
Publicación de listaxes: 1 de xullo de 2019
A partires do día 1 de xullo e ata o 12 de xullo poderán recoller os vales no colexio , en horario de 11:00 a 13:30 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.
As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.
PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO ( ALUMNADO DE 3º e 4º )
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 1 de xullo de 2019
As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 3 de xullo de 2019 (inclusive).
Publicación das listaxes definitivas: 8 de xullo de 2019.
Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar 2019-2020.
O período para a formalización da matrícula do alumnado admitido de E. Infantil e E. Primaria para o vindeiro curso 2019/2020 será do
20 ao 30 de xuño.
Documentación:
-
Anexo III-1 (Pódese recoller no Centro ou descargar aquí),
-
Dúas fotografías tamaño carné.
Fotografías das actividades levadas a cabo na área de E. Física durante o curso 2018-2019.
Investigamos as etiquetas dos alimentos.
En internet: a publicidade dos alimentos.
Un misterio moi misterioso: 261
Participación nos xogos olímpicos de Cedeira.
Andaina pola contorna natural de Cariño
AUDIO LIBRO: A qué sabe a Lúa AUTOR: Michael Grejniec LIDO POR: Alumnos de 1º de Primaria DATA: 19 de xuño de 2019 |
|
O vindeiro mércores 19 de xuño levaremos a cabo unha andaina polo medio natural, desde o monte Faroleiro ata o colexio. Participa o alumnado de cuarto e quinto.
Descrición da actividade.
Data: 19 de xuño de 2019.
Saída desde o colexio: 9:40
Regreso ao colexio: 13:30 aprox
Distancia: aprox. 7 km
Dificultade: baixa.
Estado dos camiños: bo estado, limpos , sen risco.
Requisitos para o alumnado.
Levar calzado adecuado para camiñar por sendas de terra, e unha gorra.
Poden levar unha pequena merenda e auga.
Percorrido.
Traslado desde o colexio en autobús ata o mirador de Malveira.
Subida polo camiño de terra ata A Vacariza.
Descenso polo camiño do Cristo de Barbas en dirección Vilar - Barreiros.
Chegada ao colexio.