Eventos
Pode acceder á lista definitiva de admitidos para o curso 2019/2020 en:
O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Este próximo 16 de maio, data na que celebraremos as Letras Galegas, visitaranos Miguel Anxo Romero, autor do libro "Poemas con Canela".
Os alumnos do centro interpretarán diferentes escenas desta obra e o autor poderá firmar os exemplares que gardamos na biblioteca e dos alumnos que así o desexen.
O pasado venres, 10 de maio, alumnos e alumnas do noso Centro reuníronse en Navantia con escolares doutros centros educativos de Ferrolterra para bailar xuntos unha muiñeira interpretada en directo por A Banda das Crechas.
Podedes ver o resultado do traballo na seguinte ligazón. Esperamos gocedes vendo o vídeo tanto coma nós.
Parabéns!!!
PRAZO:
Desde o día 21 de maio ata o 21 de xuño inclusive.
DESTINATARIOS:
Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP, xa que o alumnado matriculado en 5º e 6º de
EP disporá dos ordenadores do proxecto E-Dixgal para acceder aos libros dixitais.
Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
Axudas para material escolar: alumnado matriculado en todos os cursos de EP.
PRESENTACIÓN:
As solicitudes poden presentarse:
-
A través da aplicación informática "Fondolibros" https://www.edu.xunta.es/fondolibros cubrindo e gardando a solicitude para presentala no centro ou a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
-
No colexio, recollendo o modelo de solicitude.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
-
A solicitude cuberta e asinada polo/a: pai/ nai/ titor/ a do alumno/a.
-
Fotocopia do DNI/ NIE dos membros da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática.
-
Fotocopia do libro de familia onde figuren os membros computables da unidade familiar a situación de 31 de decembro de 2017 (en caso de non telo, poderase acreditar con: certificado/ volante de convivencia, informe dos Servizos Sociais que acredite a situación e/ ou sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou convenio regulador onde conste a custodia do/ a menor).
-
Grao de discapacidade (agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará no caso de non autorizar a súa verificación).
-
Outra documentación que acredite casos de violencia de xénero, incapacitación xudicial con patria potestadeprorrogada/ rehabilitada…
Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190520_fondolibros.pdf
Mañá xoves, 23 de maio, as 12.30 nos visitará por segunda vez o aotor do libro "Poemas con Canela", Miguel Anxo Romero.
Está vez virá acompañado das autoras da música dos seus poemas, Bárbara Mourelo e Ana Rey. Levarán a cabo un obradoiro encol da obra mencionada.
Neste obradoiro traballaranse tanto os textos dos "poemas con canela" como a música. Tamén habera ocasión dun turno de preguntas e establecerase unha interación entre os alumnos e profesores e os nosos convidados.
Por últimó haberá unha firma de exemplares do libro "Poemas con Canela" e "Pompas de Cores" para todo aquel que o desexe.
O colexio de Cedeira organiza para o día 23 de maio unha xornada de promoción do atletismo para á que invitou a participar ao alumnado de quinto do noso colexio.
A hora de saída será as 9:30 desde o colexio, e o regreso antes das 14:30 tamén ao colexio.
Cada alumna e alumno debe participar en varias disciplinas de atletismo, agrupadas en carreiras, saltos e lanzamentos.
Asignáronnos a cor negra, polo que o alumnado deberá levar unha camiseta desa cor.
Vídeo da actividade: http://youtu.be/dt8GsRL24Yk
Durante os días 28 e 29 de maio aplicaranse no colexio as probas da avaliación individualizada do alumnado de terceiro curso de E. Primaria.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190503/AnuncioG0534-230419-0007_gl.html
O vindeiro martes, día 28 de maio, ás 16:00 horas, no Salón de Actos do centro, haberá unha charla informativa sobre os "Riscos de Internet", impartida por José Antonio Franco, formador do Plan Director e dirixida a pais/nais/alumnos/as e profesores.
Pola mañá asistirá a esta charla o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
Esperámosvos!!!
Xa temos dispoñible o número 73 do noso xornal escolar "O Espigonciño"
Preme para velo en formato PDF.