Eventos
O vindeiro luns, 18 de marzo, non haberá clase por ser un dos días concedidos como non lectivos para o noso Centro pola Xefatura Territorial de Educación para este curso escolar 2018/2019.
Polo tanto, o alumnado reincorporarase ao Centro o vindeiro mércores, 20 de marzo.
O vindeiro mércores, continuando co programa de distribución de froita na escola en colaboración co FOGGA, iniciaremos o reparto dunha peza de froita para cada alumno/a durante un período de 10 días que abranguerá do 20 de marzo ao 2 de abril. Esta proposta ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado de centros escolares. |
O luns 27 de marzo teremos un obradoiro-clase maxistral de Abel González Colorado, exxogador da liga ASOBAL e entrenador da selección cadete feminina galega.
Alumnado participante: 3º e 4º
Horario: de 10:20 a 12:00
Organiza Concello de Cariño.