Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
25
Start: 25/02/2019 09:24
O luns 25 de febreiro teremos un obradoiro-clase maxistral de Abel González Colorado, exxogador da liga ASOBAL e entrenador da selección cadete feminina galega. Alumnado participante: 5º e 6º Horario: de 12:30 a 14:15 Organiza Concello de Cariño. | 26
Start: 26/02/2019 19:54
Dende o día 1 ata o 20 de marzo de 2019 iníciase o período de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2019/2020
Alumnado ao que vai dirixido: - Alumnado de 4º de Educación Infantil (EI3 anos) - Alumnado procedente doutros centros
Procedemento: A solicitude (modelo ED550B) poderase recoller no colexio e entregar no prazo establecido (1-20 de marzo), xunto coa seguinte documentación: - Fotocopia do libro de familia ou documento acreditativo da idade do alumno - Certificado de inclusión no padrón municipal colectivo - Convenio regulador/ resolución xudicial de separación ou divorcio (se fora o caso) - Documento acreditativo de requisitos académicos (alumnado procedente doutro centro) - Documento xustificativo conforme o/a alumno/a presente unha discapacidade (se fora o caso)
Referencias lexislativas sobre admisión de alumnado: - Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo) - Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro)
* As solicitudes tamén se poderán descargar nos ficheiros adxuntos, dende a aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e/ou presentándoo na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación (con certificado dixital ou chave 365). * No taboleiro do centro tamén se exporá o Artigo 13 da Orde do 12 de marzo de 2013, así como as Instruccións da Xefatura Territorial da Coruña e as da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos relativas ao proceso de admisión de alumnado para o curso 2019/2020. | 27
Start: 27/02/2019 09:12
Durante esta última semana no colexio apareceron unhas marcas moi raras co número 261, despois de días investigando os carteis das portas, os adhesivos dos corredores e as pinturas no chan co 261...atopamos a resposta ao misterio!!! Parabéns a Hugo de 3º e Alba de 6º por investigar e explicar o misterio. Recibirán como premio a camiseta do 261. Parabéns tamén a Kathrine Switzer, a corredora que levou ese dorsal, por demostrar, unha vez máis, que non se poden poñer límites á igualdade. Qeres coñecer a orixe do misterio? O número 261 representa o primeiro dorsal que levou unha muller na maratón de Boston. Non foi a primeira muller en correr a proba, pero si a primeira en levar un dorsal oficial. Kathrine Switzer non o tivo dodao , sabes por que? Coñece a historia facendo click nas ligazóns. https://gl.wikipedia.org/wiki/Kathrine_Switzer Ou neste vídeo de youtube https://youtu.be/oCSuxqlnFig
Comezamos o misterio do 171 ?
| 28
| 1
| 2
| 3
|