Eventos
Un ano máis, as ordes do esqueleto imos seguir,
para celebrar que o Entroido... xa está aquííííííííí!
O LUNS UN BÓ ARTISTA SERÁS
E ALGO NA CABEZA TRAERÁS.
O MARTES, SE A DALÍ QUERES IMITAR,
UN BIGOTE HAS DE PINTAR.
O MÉRCORES, SE A BAILAR QUERES APRENDER,
UN TUTÚ QUÉROCHE VER.
O XOVES, A OBRA DE ARTE ESTÁ COMPLETA,
SE TRAES UNHA PAÑOLETA.
VENRES, POR FIN CHEGOU O ENTROIDO.
A GOZAAAR!!!
O luns 25 de febreiro teremos un obradoiro-clase maxistral de Abel González Colorado, exxogador da liga ASOBAL e entrenador da selección cadete feminina galega.
Alumnado participante: 5º e 6º
Horario: de 12:30 a 14:15
Organiza Concello de Cariño.
Dende o día 1 ata o 20 de marzo de 2019 iníciase o período de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2019/2020
Alumnado ao que vai dirixido:
- Alumnado de 4º de Educación Infantil (EI3 anos)
- Alumnado procedente doutros centros
Procedemento:
A solicitude (modelo ED550B) poderase recoller no colexio e entregar no prazo establecido (1-20 de marzo), xunto coa seguinte documentación:
- Fotocopia do libro de familia ou documento acreditativo da idade do alumno
- Certificado de inclusión no padrón municipal colectivo
- Convenio regulador/ resolución xudicial de separación ou divorcio (se fora o caso)
- Documento acreditativo de requisitos académicos (alumnado procedente doutro centro)
- Documento xustificativo conforme o/a alumno/a presente unha discapacidade (se fora o caso)
Referencias lexislativas sobre admisión de alumnado:
- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo)
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro)
* As solicitudes tamén se poderán descargar nos ficheiros adxuntos, dende a aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e/ou presentándoo na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación (con certificado dixital ou chave 365).
* No taboleiro do centro tamén se exporá o Artigo 13 da Orde do 12 de marzo de 2013, así como as Instruccións da Xefatura Territorial da Coruña e as da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos relativas ao proceso de admisión de alumnado para o curso 2019/2020.
Durante esta última semana no colexio apareceron unhas marcas moi raras co número 261, despois de días investigando os carteis das portas, os adhesivos dos corredores e as pinturas no chan co 261...atopamos a resposta ao misterio!!!
Parabéns a Hugo de 3º e Alba de 6º por investigar e explicar o misterio. Recibirán como premio a camiseta do 261.
Parabéns tamén a Kathrine Switzer, a corredora que levou ese dorsal, por demostrar, unha vez máis, que non se poden poñer límites á igualdade.
Qeres coñecer a orixe do misterio?
O número 261 representa o primeiro dorsal que levou unha muller na maratón de Boston. Non foi a primeira muller en correr a proba, pero si a primeira en levar un dorsal oficial. Kathrine Switzer non o tivo dodao , sabes por que?
Coñece a historia facendo click nas ligazóns.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Kathrine_Switzer
Ou neste vídeo de youtube https://youtu.be/oCSuxqlnFig
Comezamos o misterio do 171 ?
O vindeiro luns, 18 de marzo, non haberá clase por ser un dos días concedidos como non lectivos para o noso Centro pola Xefatura Territorial de Educación para este curso escolar 2018/2019.
Polo tanto, o alumnado reincorporarase ao Centro o vindeiro mércores, 20 de marzo.
O vindeiro mércores, continuando co programa de distribución de froita na escola en colaboración co FOGGA, iniciaremos o reparto dunha peza de froita para cada alumno/a durante un período de 10 días que abranguerá do 20 de marzo ao 2 de abril. Esta proposta ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado de centros escolares. |