Eventos
O Concello de Cariño, coa colaboración de diversos axentes entre os que se atopa o colexio, está planificando a realización de varios obradoiros de aulas de familia impartidos polas técnicas da asociación Asfedro, no programa "Máis que un teito". Estes obradoiros están dirixidos ás familias de Cariño, teñan ou non fillas/fillos no colexio.
Data de comezo: Martes 29 de xaneiro
Lugar: CEIP "Manuel Fraga Iribarne"
Horario: 16:30 a 18:00
Temática: segundo as preferencias e interese das persoas asistentes. Posibles temas: comunicación familiar, educando en igualdade, resolución de conflitos na familia, normas e límites, habilidades sociais, autoestima e reforzo positivo, tácnicas de estudo, educación para a saúde, primeiros auxilios na infancia e adolescencia.
Ver o documento en formato PDF
O día 1 de febreiro de 2019 e ata o 15, iníciase o período de reserva de praza nun centro de adscrición da matrícula para o curso 2019/2020.
Alumnado ao que vai dirixido: Alumnado de 6º de E.P. que promociona a 1º da ESO (IES Cabo Ortegal)
Os impresos (modelo ED550A) levaranos do centro para cubrir manualmente e entregar no prazo establecido, ou poderán xestionalo a través da aplicación de "admisión alumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (con certificado dixital ou a Chave 365).
O día 6 de febreiro levaranse a cabo no colexio unha charla/obradoiro de sensibilización sobre o Alzheimer "Ponte na súa pel", dirixido ao alumnado de 6º de Educación Primaria.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cariño coa colaboración da asociación AFAL Ferrolterra.
Co gallo da celebración do Día de San Valentín, a TVG veu gravar ao colexio unha pequena reportaxe con 10 nenos/as de 3 a 8 anos para emitir no programa “Fun polo aire”.
Aquí vos deixo a ligazón ao programa para que podades ver a intervención dos nosos rapaces/as.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-106-4038459?t=2816
Estiveron fantásticos/as!!!
Grazas por contar con nós!