Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Xaneiro 11, 2019
Start: 11/01/2019 01:12

O equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne convoca o

CONCURSO FOTOGRÁFICO

"O QUE ME GUSTA"

curso 2018-2019

 

 

 

PARTICIPACIÓN:

O concurso está aberto á participación de todo o alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño.

 

TEMA:

  1. O tema do concurso será “O QUE ME GUSTA” coa idea de que o alumnado participante exprese mediante a fotografía os seus gustos e preferencias en canto a intereses, afeccións, obxectos, sentimentos, ideas, situacións, momentos, lugares, animais, persoas, etc.

 

FOTOGRAFÍAS:

  1. Só se aceptará unha foto por alumno.

  2. As fotos deberán ser orixinais con data non anterior á desta convocatoria. (11-01-2019)

  3. Xa que se trata dun concurso escolar permitirase hasta certo punto que os adultos aconsellen e axuden aos e as participantes tendo ben en conta que o alumno/a ten que ter unha participación maioritaria na realización da fotografía e sobre todo na eleción da escena a fotografiar.

  4. Nas fotografías non poderán aparecer persoas identificables e en calquera caso contarase co consentimento de calquera persoa que apareza nas mesmas.

 

ENTREGA DAS OBRAS:

  1. As fotos entregaranse en formato dixital obtidas a través dunha cámara dixital, móbil, tablet ou dispositivo similar.

  2. O formato será JPG / JPEG cun tamaño aproximado aconsellado de 3200 x 2400 pixeles.

  3. En ningún caso a fotografía poderá ser editada ou se lle aplicarán filtros, nin será recortada, a excepción de axustes básicos mínimos de brillo/contraste.

  4. As imaxes que participarán no concurso enviaranse adxuntas nunha mensaxe de correo electrónico á dirección seguinte: concursofoto2019@gmail.com poñendo como asunto: “Fotoconcurso 2019”. No corpo da mensaxe constarán os seguintes datos:

TÍTULO DA OBRA

NOME E APELIDOS DO ALUMNO

CURSO DO ALUMNO

NOME E APELIDOS E TELÉFONO DO RESPONSABLE LEGAL DO ALUMNO

 

PRAZO:

  1. O plazo de presentación das fotografías será dende o 11 de xaneiro de 2019 ata 0 12 de abril de 2019.

 

PUBLICACIÓN:

  1. As fotos recibidas iranse publicando na Galería do CEIP Manuel Fraga Iribarne na carpeta FOTOCONCURSO 2019. Tamén serán expostas fisicamente no centro.

 

FALLO:

  1. O xurado, que estará formado polo equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne publicará o seu fallo na páxina web do centro (“colecarino.net”) a partir do 2 de maio de 2019.

  2. O xurado valorará a orixinalidade e creatividade das obras presentadas.

  3. Descartaranse e quedarán fora de concurso as obras que carezan dun mínimo de calidade técnica ou que sexan de mal gusto ou ofensivas para as persoas.

 

CATEGORÍAS:

Habera tres categorías tendo en conta o nivel educativo:

CATEGORÍA 1: Alumnado de Educación Infantil.

CATEGORÍA 2: Alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

CATEGORÍA 3; Alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

PREMIOS:

Haberá por cada categoría un PRIMEIRO PREMIO E UN SEGUNDO PREMIO. Tamén se outorgará un premio á FOTO MÁIS ORIXINAL E CREATIVA independentemente da categoría.

Os premios consistirán nunha ampliación enmarcada da obra acreedora do premio correspondente.

Venres Xaneiro 18, 2019
Start: 18/01/2019 09:35

O venres 18 de xaneiro participaremos nunha proba de "Campo a través" organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Lugar: Praia de Esteiro en O Barqueiro (Mañón).

Hora de saída desde o colexio: 9:45

Hora de regreso ao colexio: antes das 14:30

Categorías: desde benxamín ata infantil.

Os participantes deberán levar roupa e calzado cómodo para correr.

Horario e distancias ( información dos organizadores )

11.45 BENXAMIN  MULLERES 400 METROS
11.35 BENXAMIN HOMES 400 METROS
11.25 ALEVIN MULLERES  600 METROS
11.15 ALEVIN HOMES 800 METROS
11.00 INFANTIL MULLERES  800 METROS
10.45 INFANTIL HOMES  1200 METROS

 

Martes Xaneiro 29, 2019
Start: 29/01/2019 16:30

O Concello de Cariño, coa colaboración de diversos axentes entre os que se atopa o colexio, está planificando a realización de varios obradoiros de aulas de familia impartidos polas técnicas da asociación Asfedro, no programa "Máis que un teito". Estes obradoiros están dirixidos ás familias de Cariño, teñan ou non fillas/fillos no colexio.

Data de comezo: Martes 29 de xaneiro

Lugar: CEIP "Manuel Fraga Iribarne"

Horario: 16:30 a 18:00

Temática: segundo as preferencias e interese das persoas asistentes. Posibles temas: comunicación familiar, educando en igualdade, resolución de conflitos na familia, normas e límites, habilidades sociais, autoestima e reforzo positivo, tácnicas de estudo, educación para a saúde, primeiros auxilios na infancia e adolescencia.

 

Ver o documento en formato PDF

 

Mércores Xaneiro 30, 2019
Start: 30/01/2019 14:27

O día 1 de febreiro de 2019 e ata o 15, iníciase o período de reserva de praza nun centro de adscrición da matrícula para o curso 2019/2020.

Alumnado ao que vai dirixido: Alumnado de 6º de E.P. que promociona a 1º da ESO (IES Cabo Ortegal)

Os impresos (modelo ED550A) levaranos do centro para cubrir manualmente e entregar no prazo establecido, ou poderán xestionalo a través da aplicación de "admisión alumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (con certificado dixital ou a Chave 365).

 

Mércores Febreiro 06, 2019
Start: 06/02/2019 10:06

O día 6 de febreiro levaranse a cabo no colexio unha charla/obradoiro de sensibilización sobre o Alzheimer "Ponte na súa pel", dirixido ao alumnado de 6º de Educación Primaria.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cariño coa colaboración da asociación AFAL Ferrolterra.

Distribuir contido