Eventos
Os alumnos e alumnas de Cuarto de Primaria desexanvos a todos un Feliz Nadal cantando "We wish you a Merry Christmas".
O equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne convoca o
CONCURSO FOTOGRÁFICO
"O QUE ME GUSTA"
curso 2018-2019
PARTICIPACIÓN:
O concurso está aberto á participación de todo o alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño.
TEMA:
-
O tema do concurso será “O QUE ME GUSTA” coa idea de que o alumnado participante exprese mediante a fotografía os seus gustos e preferencias en canto a intereses, afeccións, obxectos, sentimentos, ideas, situacións, momentos, lugares, animais, persoas, etc.
FOTOGRAFÍAS:
-
Só se aceptará unha foto por alumno.
-
As fotos deberán ser orixinais con data non anterior á desta convocatoria. (11-01-2019)
-
Xa que se trata dun concurso escolar permitirase hasta certo punto que os adultos aconsellen e axuden aos e as participantes tendo ben en conta que o alumno/a ten que ter unha participación maioritaria na realización da fotografía e sobre todo na eleción da escena a fotografiar.
-
Nas fotografías non poderán aparecer persoas identificables e en calquera caso contarase co consentimento de calquera persoa que apareza nas mesmas.
ENTREGA DAS OBRAS:
-
As fotos entregaranse en formato dixital obtidas a través dunha cámara dixital, móbil, tablet ou dispositivo similar.
-
O formato será JPG / JPEG cun tamaño aproximado aconsellado de 3200 x 2400 pixeles.
-
En ningún caso a fotografía poderá ser editada ou se lle aplicarán filtros, nin será recortada, a excepción de axustes básicos mínimos de brillo/contraste.
-
As imaxes que participarán no concurso enviaranse adxuntas nunha mensaxe de correo electrónico á dirección seguinte: concursofoto2019@gmail.com poñendo como asunto: “Fotoconcurso 2019”. No corpo da mensaxe constarán os seguintes datos:
TÍTULO DA OBRA
NOME E APELIDOS DO ALUMNO
CURSO DO ALUMNO
NOME E APELIDOS E TELÉFONO DO RESPONSABLE LEGAL DO ALUMNO
PRAZO:
-
O plazo de presentación das fotografías será dende o 11 de xaneiro de 2019 ata 0 12 de abril de 2019.
PUBLICACIÓN:
-
As fotos recibidas iranse publicando na Galería do CEIP Manuel Fraga Iribarne na carpeta FOTOCONCURSO 2019. Tamén serán expostas fisicamente no centro.
FALLO:
-
O xurado, que estará formado polo equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne publicará o seu fallo na páxina web do centro (“colecarino.net”) a partir do 2 de maio de 2019.
-
O xurado valorará a orixinalidade e creatividade das obras presentadas.
-
Descartaranse e quedarán fora de concurso as obras que carezan dun mínimo de calidade técnica ou que sexan de mal gusto ou ofensivas para as persoas.
CATEGORÍAS:
Habera tres categorías tendo en conta o nivel educativo:
CATEGORÍA 1: Alumnado de Educación Infantil.
CATEGORÍA 2: Alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
CATEGORÍA 3; Alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
PREMIOS:
Haberá por cada categoría un PRIMEIRO PREMIO E UN SEGUNDO PREMIO. Tamén se outorgará un premio á FOTO MÁIS ORIXINAL E CREATIVA independentemente da categoría.
Os premios consistirán nunha ampliación enmarcada da obra acreedora do premio correspondente.
O venres 18 de xaneiro participaremos nunha proba de "Campo a través" organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Lugar: Praia de Esteiro en O Barqueiro (Mañón).
Hora de saída desde o colexio: 9:45
Hora de regreso ao colexio: antes das 14:30
Categorías: desde benxamín ata infantil.
Os participantes deberán levar roupa e calzado cómodo para correr.
Horario e distancias ( información dos organizadores )
11.45 BENXAMIN MULLERES 400 METROS
11.35 BENXAMIN HOMES 400 METROS
11.25 ALEVIN MULLERES 600 METROS
11.15 ALEVIN HOMES 800 METROS
11.00 INFANTIL MULLERES 800 METROS
10.45 INFANTIL HOMES 1200 METROS