Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Decembro 20, 2018
Start: 20/12/2018 20:05

Trasladamos á comunidade educativa do noso colexio o agradecemento de Cáritas polo excelente resultado da campaña de recollida de alimentos que levamos a cabo no centro desde o día 10 ata o 19 de decembro.

 

fotografía dos alimentos recollidos

 

Moitas grazas a todas e todos por colaborar.

 

Venres Decembro 21, 2018
Start: 21/12/2018 15:43

Xa está dispoñible o número de nadal do noso xornal "O Espigonciño" (e vai polo número 72!!!)

captura da portada do xornal escolar.

Ver o xornal en formato PDF (10Mb)

 

icona CC BY NC ND

Polas características da obra non se permiten as modificacións.

Domingo Decembro 23, 2018
Start: 23/12/2018 21:05

Os alumnos e alumnas de Cuarto de Primaria desexanvos a todos un Feliz Nadal cantando "We wish you a Merry Christmas".

Domingo Decembro 30, 2018
Start: 30/12/2018 16:57

Conposición do texto "Cos nosos mellores desexos para o ano novo, por un 2019 para escribir entre todas e todos" sobre un encerado

Venres Xaneiro 11, 2019
Start: 11/01/2019 01:12

O equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne convoca o

CONCURSO FOTOGRÁFICO

"O QUE ME GUSTA"

curso 2018-2019

 

 

 

PARTICIPACIÓN:

O concurso está aberto á participación de todo o alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño.

 

TEMA:

  1. O tema do concurso será “O QUE ME GUSTA” coa idea de que o alumnado participante exprese mediante a fotografía os seus gustos e preferencias en canto a intereses, afeccións, obxectos, sentimentos, ideas, situacións, momentos, lugares, animais, persoas, etc.

 

FOTOGRAFÍAS:

  1. Só se aceptará unha foto por alumno.

  2. As fotos deberán ser orixinais con data non anterior á desta convocatoria. (11-01-2019)

  3. Xa que se trata dun concurso escolar permitirase hasta certo punto que os adultos aconsellen e axuden aos e as participantes tendo ben en conta que o alumno/a ten que ter unha participación maioritaria na realización da fotografía e sobre todo na eleción da escena a fotografiar.

  4. Nas fotografías non poderán aparecer persoas identificables e en calquera caso contarase co consentimento de calquera persoa que apareza nas mesmas.

 

ENTREGA DAS OBRAS:

  1. As fotos entregaranse en formato dixital obtidas a través dunha cámara dixital, móbil, tablet ou dispositivo similar.

  2. O formato será JPG / JPEG cun tamaño aproximado aconsellado de 3200 x 2400 pixeles.

  3. En ningún caso a fotografía poderá ser editada ou se lle aplicarán filtros, nin será recortada, a excepción de axustes básicos mínimos de brillo/contraste.

  4. As imaxes que participarán no concurso enviaranse adxuntas nunha mensaxe de correo electrónico á dirección seguinte: concursofoto2019@gmail.com poñendo como asunto: “Fotoconcurso 2019”. No corpo da mensaxe constarán os seguintes datos:

TÍTULO DA OBRA

NOME E APELIDOS DO ALUMNO

CURSO DO ALUMNO

NOME E APELIDOS E TELÉFONO DO RESPONSABLE LEGAL DO ALUMNO

 

PRAZO:

  1. O plazo de presentación das fotografías será dende o 11 de xaneiro de 2019 ata 0 12 de abril de 2019.

 

PUBLICACIÓN:

  1. As fotos recibidas iranse publicando na Galería do CEIP Manuel Fraga Iribarne na carpeta FOTOCONCURSO 2019. Tamén serán expostas fisicamente no centro.

 

FALLO:

  1. O xurado, que estará formado polo equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne publicará o seu fallo na páxina web do centro (“colecarino.net”) a partir do 2 de maio de 2019.

  2. O xurado valorará a orixinalidade e creatividade das obras presentadas.

  3. Descartaranse e quedarán fora de concurso as obras que carezan dun mínimo de calidade técnica ou que sexan de mal gusto ou ofensivas para as persoas.

 

CATEGORÍAS:

Habera tres categorías tendo en conta o nivel educativo:

CATEGORÍA 1: Alumnado de Educación Infantil.

CATEGORÍA 2: Alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

CATEGORÍA 3; Alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

PREMIOS:

Haberá por cada categoría un PRIMEIRO PREMIO E UN SEGUNDO PREMIO. Tamén se outorgará un premio á FOTO MÁIS ORIXINAL E CREATIVA independentemente da categoría.

Os premios consistirán nunha ampliación enmarcada da obra acreedora do premio correspondente.

Distribuir contido