Eventos
Saiu publicada no BOP a convocatoria de axudas para as actividades deportivas, culturais e educativas do ano 2018.
Preme para ler o documento en formato PDF ou consulta o arquivo adxunto.
Este ano tamén celebramos o día das bibliotecas escolares invitando aos alumnos maiores de 6º curso a acompañar aos pequenos de 3 anos a estrenarse na biblioteca.
Os pequenos pasárono xenial entre os libros e os contos que lles contaron os seus compañeiros maiores.
GALERÍA |
Aquí temos aos gañadores!!!
Máis terrorífica: "O CEREBRO" Autora: Sara Armada Altesor - 6º A |
Máis terrorificamente saborosa: "A ARAÑA" Autor: Jesús Balado Aneiros - 1º A |
Parabéns Sara e Jesús!
Todos/as os/as participantes merecíades o premio á orixinalidade!
Grazas a todos/as por participar!!!
Por segundo ano consecutivo, durante a vindeira semana, imos celebrar "A exaltación e promoción da mazá de Cariño" coa realización de diferentes actividades.
O mércores 7 e o xoves 8, contando coa colaboración da ANPA, degustaremos diferentes variedades de mazás e empanada de mazá elaborada con esta froita.
Grazas aos anfitrións e bo proveito!!!
Nestes días a Biblioteca súmase á celebración da semana de Exaltación das mazás de Cariño organizando unha exposición de libros encol das mazás.
O xoves , 15 de novembro, celebramos o Día dos Xogos Tradicionais.
Os nenos e nenas divertíronse rotando polos diferentes xogos programados polos mestres de Educación Física e dirixidos polo alumnado de 6º de Educación Primaria.
Recuperando as tradicións!
Fantástico!
Preme para ver fotos da xornada.