Eventos
Lúa Compañía de Ópera representará a súa función para todo o alumnado no Salón de Actos do Centro.
Lúa Compañía de Ópera presentará no Auditorio Municipal: "Reencontro en Nova Iorque".
Lúa Compañía de Ópera porá en escena a súa obra no Teatro Pastor Díaz (Viveiro).
IMPORTANTE:
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º ), ou a entrega de vales para a adquisición de libros ( 1º e 2º)
O alumnado de 5º e 6º utilizará recursos dixitais dentro do programa e-Dixgal.
SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( VALES ).
A partires do día 26 de xuño e ata o 6 de xullo poderán recoller os vales no colexio , en horario de 11:00 a 13:30 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.
As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, terán 10 días para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.
PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO ( ALUMNADO DE 3º e 4º )
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 29 de xuño de 2018
As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 3 de xullo de 2018 (inclusive).
Publicación das listaxes definitivas: 6 de xullo de 2018.
Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar 2018-2019.
O alumnado de 4º de Educación Infantil e o alumnado que promociona a 1º de Educación Primaria, debe formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.
Mércores, 20 de xuño, tradicional Festival de Educación Infantil ás 11:00 horas.
O xoves, 21 de xuño, tradicional festa de Graduación para o alumnado de 6º de Educación Infantil ás 11:30 horas no Salón de Actos.
Remata o curso escolar 2017/2018.
Desexámosvos que pasedes unhas felices vacacións.
Vémonos en setembro!
Eliminouse a publicación online da relación de admitidos e excluídos nas axudas para adquisición de libros de texto e material escolar. As persoas que desexen consultar o documento poden facelo na cristaleira de entrada ao colexio
3º e 4º de Educación Primaria.
Relación definitiva de solicitantes admitidos no fondo solidario de libros de texto, cos libros asignados. Os libros que aparecen na listaxe serán entregados ao alumnado en setembro ao inicio das clases.
Se a persoa solicitante recibe 7 libros ( ou 6 no caso de non asistir a relixión ) non ten que comprar ningún libro de texto.
A listaxe está exposta na cristaleira de entrada ao colexio.