Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
21
| 22
Start: 22/05/2018 00:00
O alumnado de Educación Infantil realizará unha viaxe didáctica a Ferrol para coñecer o Xardín temático sobre a auga, Aquaciencia, e visitar o Parque de Bombeiros . Xantarán na Área Recreativa de O Castro (Cerdido). Start: 22/05/2018 00:29
Desde o día 22 de maio ata o 22 de xuño de 2018 (incluído) estará aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2018/ 2019
Esta convocatoria ten tres modalidades: Participación no fondo solidario de libros de texto: Vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º de E. Primaria. Consiste na entrega nunha cantidade de libros de texto segundo o nivel de renda e a dispoñibilidade de libros. As rendas per cápita inferiores a 5.401 euros terán garantida a entrega de 6 libros , as rendas per cápita entre 5.401 e 9.001 euros terán garantida a entrega de 4 libros de texto. Axuda para a adquisición de libros de texto: Dirixida ao alumnado de 1º e 2º de E.P. Axudas para material escolar: Para o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.
As solicitudes poden presentarse utilizando un destes medios:
DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO COA SOLICITUDE:
* A situación familiar e a renda per cápita familiar reflectirá os datos con data a 31 de decembro de 2016. * Computarán como membros da unidade familiar os/as pais/ nais que teñan a custodia compartida do/a menor e os/as fillos/as menores de idade e/ ou maiores de idade ata os 25 anos que convivan no domicilio familiar.
Máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25042
Start: 22/05/2018 14:18
INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA (3º E.P.): Datas de celebración das probas: 23 e 24 de maio de 2018
Información de interese para as familias do alumnado de 3º E.P.: Durante os días 23 e 24 de maio o alumnado de 3º de educación primaria terá as probas da avaliación individualizada. Esta avaliación medirá contidos relacionados coa comprensión oral e escrita, o cálculo e a resolución de problemas matemáticos (competencias en comunicación lingüística e competencia matemática).
Máis información no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24784 (DOG do 26 de abril de 2018) | 23
| 24
| 25
Start: 25/05/2018 00:00
O alumnado de 1º, 2, 3º e 4º de EP visitarán a Granxa-Escola Casa do Queixo (Sobrado dos Monxes) onde realizarán múltiples e variadas actividades. O alumnado de 5º e 6º de EP realizará unha viaxe a Padrón para visitar a Casa Museo de Rosalía, a Riveira para visitar as Dunas de Corrubedo e a Porto do Son para visitar o Castro de Baroña. all day
| 26
| 27
|