Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Maio 18, 2018
Start: 18/05/2018 00:00

O Consello Escolar, atendendo á Orde do calendario escolar para o curso 2017/2018, elixiu como día non lectivo o 18 de maio, polo que non haberá clase. O alumnado reincorporarase ao centro o luns, 21 de maio de 2018.

Martes Maio 22, 2018
Start: 22/05/2018 00:00

O alumnado de Educación Infantil realizará unha viaxe didáctica a Ferrol para coñecer o Xardín temático sobre a auga, Aquaciencia, e visitar o Parque de Bombeiros .

Xantarán na Área Recreativa de O Castro (Cerdido).

Start: 22/05/2018 00:29

Desde o día 22 de maio ata o 22 de xuño de 2018 (incluído)  estará aberto o prazo para a  participación no fondo solidario de libros de texto e solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2018/ 2019

 

 Esta convocatoria ten tres modalidades:

Participación no fondo solidario de libros de texto: Vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º de E. Primaria. Consiste na entrega nunha cantidade de libros de texto segundo o nivel de renda e a dispoñibilidade de libros. As rendas per cápita inferiores a 5.401 euros terán garantida a entrega de 6 libros , as rendas per cápita entre 5.401 e 9.001 euros terán garantida a entrega de 4 libros de texto.

Axuda para a adquisición de libros de texto: Dirixida ao alumnado de 1º e 2º de E.P.

Axudas para material escolar: Para o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.

 

 As solicitudes poden presentarse utilizando un destes medios:

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO COA SOLICITUDE:

  • A solicitude cuberta e asinada polo/a pai, nai, titor/a do/a alumno/a
  • Fotocopia do DNI/NIE dos membros da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática.
  • Fotocopia do libro de familia onde figuren os membros computables da unidade familiar (en caso de non telo, poderase acreditar con: certificado/volante de convivencia, informe dos Servizos Sociais que acredite a situación, sentencia xudicial de separación/ divorcio ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor).
  • Grao de discapacidade dalgún dos membros da unidade (agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará no caso de non autorizar a súa verificación).
  • Outra documentación que acredite casos de violencia de xénero, incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada/rehabilitada...

 

* A situación familiar e a renda per cápita familiar reflectirá os datos con data a 31 de decembro de 2016.

* Computarán como membros da unidade familiar os/as pais/ nais que teñan a custodia compartida do/a menor e os/as fillos/as menores de idade e/ ou maiores de idade ata os 25 anos que convivan no domicilio familiar.

 

 

 

Máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25042

 

Start: 22/05/2018 14:18

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA (3º E.P.):

Datas de celebración das probas:

23 e 24 de maio de 2018

 

Información de interese para as familias do alumnado de 3º E.P.:

Durante os días 23 e 24 de maio o alumnado de 3º de educación primaria terá as probas da

avaliación individualizada. Esta avaliación medirá contidos relacionados coa comprensión oral e

escrita, o cálculo e a resolución de problemas matemáticos (competencias en comunicación

lingüística e competencia matemática).

 

Máis información no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24784 (DOG do 26 de abril de 2018)

Venres Maio 25, 2018
Start: 25/05/2018 00:00

O alumnado de 1º, 2, 3º e 4º de EP visitarán a Granxa-Escola Casa do Queixo (Sobrado dos Monxes) onde realizarán múltiples e variadas actividades.

O alumnado de 5º e 6º de EP realizará unha viaxe a Padrón para visitar a Casa Museo de Rosalía, a Riveira para visitar as Dunas de Corrubedo e a Porto do Son para visitar o Castro de Baroña.

Luns Maio 28, 2018
Start: 28/05/2018 00:00

O alumnado de EI visitará ás 10:00 horas a fábrica de conservas A Pureza situada na nosa localidade.

Start: 28/05/2018 00:00

Durante os días 29 e 30 de maio aplicaranse no colexio as probas da Avaliación Final de Educación Primaria.

Máis información: Instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros docentes para o curso escolar 2017/2018

Martes Maio 29, 2018
Start: 29/05/2018 00:00

Ás 16:00 horas, no Salón de Actos do centro, haberá unha charla sobre seguridade en Internet, dentro do Programa "Navega con Rumbo" dirixida a pais/nais/alumnos/as e profesores/as.

Esperámosvos!!!

 

Venres Xuño 01, 2018
Start: 01/06/2018 00:00

Todo o alumnado do Centro celebrará o Día da Árbore coa repoboación dun monte comunal para o que contaremos coa axuda da Cuadrilla de Medio Ambiente.

Xoves Xuño 07, 2018
Start: 07/06/2018 00:00

O alumnado do PAI e o alumnado de Educación Infantil disfrutaron no Auditorio Municipal coa actividade ofertada polo Concello: "Fantasía Musical".

 

 

 

Martes Xuño 12, 2018
Start: 12/06/2018 00:00

Lúa Compañía de Ópera representará a súa función para todo o alumnado no Salón de Actos do Centro.

 

Mércores Xuño 13, 2018
Start: 13/06/2018 00:00

Lúa Compañía de Ópera presentará no Auditorio Municipal:  "Reencontro en Nova Iorque".      

Xoves Xuño 14, 2018
Start: 14/06/2018 00:00

Lúa Compañía de Ópera porá en escena a súa obra no Teatro Pastor Díaz (Viveiro).

Start: 14/06/2018 15:05

 

Ligazón para ver a relación de libros e outro material escolar para o curso 2018-2019, en formato PDF

 

 IMPORTANTE:

Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º ), ou a entrega de vales para a adquisición de libros ( 1º e 2º)

O alumnado de 5º e 6º utilizará recursos dixitais dentro do programa e-Dixgal.

 

SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( VALES ).

A partires do día 26 de xuño e ata o 6 de xullo poderán recoller os vales no colexio , en horario de 11:00 a 13:30 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.

As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, terán 10 días para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.

 

PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO ( ALUMNADO DE 3º e 4º )

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 29 de xuño de 2018

As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 3 de xullo de 2018 (inclusive).

Publicación das listaxes definitivas: 6 de xullo de 2018.

Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar 2018-2019.

 

Domingo Xuño 17, 2018
Start: 17/06/2018 23:09

O alumnado de 4º de Educación Infantil e o alumnado que promociona a 1º de Educación Primaria, debe formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido