BENVID@S Á WEB DO NOSO CENTRO

HORARIOS:

DE 8.00  A 9.40 H: ALMORZOS NO COLE E SERVIZO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO.

DE 9.40 A 14.40 H: SESIÓN LECTIVA ÚNICA DE MAÑÁ.

DE 14.40 A 15.40 H: SERVIZO DE COMEDOR.

DE 15.40 A 16.40 H: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES VOLUNTARIAS.

SAÍDA DO TRANSPORTE ESCOLAR 16.40 H.

ANPA Outo Eume - Formulario de alta e Act. Extraescolares

Abaixo, nesta publicación, pódense descargar os axuntos.

Eu almorzo no cole 2024/25

Nas seguintes capturas tedes información sobre o programa EU ALMORZO NO COLE.Debaixo das capturas poderedes descargar os documentos a entregar.

Instrucións para o curso 2024/25

Instrucións para facilitar o fluxo de persoas no recinto:

1. O alumnado que traia material pesado os primeiros días de clase aconsellamos que veña nomeado e embolsado. Os acompañantes dos alumnos transportarán as bolsas a ambas conserxerías. De infantil ata 2º de primaria, na conserxería do edificio administrativo. De 3º a 6º de primaria depositarán o material nomeado na conserxería do Edificio B. Esta instrución será aplicada en caso de que os/as titores/as NON desen explicacións previas a cerca desta circunstancia.

2 Pola mañá débese respectar e facilitar a entrada ao recinto do alumnado que chega en transporte, evitando facer tapóns diante do portal peonil. Da mesma maneira, facilitar a entrada dos vehículos ao aparcamento até as 09:35.

3. Ás 9:35 h. soará un timbre, que sinalará a “apertura de portas” o momento no que se poderá comezar a acceder ao recinto (aqueles que entren ás 9.40). Respectarase este timbre, agás que os mestres de garda dean outras instrucións.

4. Os acompañantes do alumnado de 4º e 5º de infantil con irmáns en 1º/2º poderán entrar no recinto con todos os nenos/as ao mesmo tempo, deixar aos de 1º/2º na porta principal sen deterse moito nesta zona e continuar cara á entrada de infantil diante do ximnasio. Á volta de entregar aos nenos/as de infantil, pregamos non se deteñan tampouco demasiado diante da entrada principal e que se encamiñen á saída, para favorecer a entrada do alumnado de 4º de infantil que se produce a continuación.

5. O alumnado de 4º e 5º de infantil accederá ao recinto unha vez que o de 1º / 2º entre no edificio, é dicir, ás 9.40 h.

6. O alumnado de 1º/2º sen irmáns máis pequenos, entrará só ao recinto. No portal peonil haberá profesorado de garda que os recibirá e encamiñará cara á súa entrada. Os acompañantes destes nenos/as facilitarán a entrada do alumnado de 4º de infantil que se produce a continuación evitando na medida do posible, atascar os portais exteriores.

7. Aviso importante para usuarios de comedor. O horario deste servizo será de 14.40 a 15.30 h. A hora de despois (é dicir, de 15.30 a 16.40 h.) é exclusivamente para usuarios de transporte, actividades extraescolares e familiares que demostren a incompatibilidade horaria para recoller aos seus fillos/as.

Premendo na imaxe poderedes ver/descargar o plano do centro.

Comedor Escolar 2024-25

Todo o alumnado que presentou solicitude para acollerse ao servizo de comedor escolar no curso 2024-25 foi ADMITIDO na listaxe definitiva. PARABÉNS e bo proveito!

Horario de atención ao público

Período de matrícula para o curso 2024-25

Abrimos o prazo de matrícula para o curso 2024-25!

Dende o 20 ata o 30 de xuño, poderás inscribirte nos nosos programas educativos a través do seguinte formulario. Non perdas a oportunidade de formar parte da nosa comunidade. Agardámosvos!

Comedor Escolar 2024-25

Publicadas as instrucións (PREME AQUÍ para acceder a elas) sobre o desenvolvemento dos comedores escolares durante o curso escolar 2024/2025, ábrese o prazo para:

  1. Solicitar praza de comedor. O prazo para solicitar praza de comedor abranguerá os días comprendidos entre o 19 xuño ata 3 de xullo, ambos incluídos. Podedes descargar o impreso de solicitude PREMENDO AQUÍ. Recomendamos encarecidamente ler as instrucións e empregar o aplicativo oficial da Xunta para calcular o importe da taxa que corresponde pagar segundo a renda familiar. Podedes acceder a esta calculadora de taxas PREMENTO AQUÍ. Deixamos tamén algunhas ACLARACIÓNS.

  2. Solicitar ser colaborador/a de comedor. O prazo para solicitar a colaboración no comedor estará aberto dende o día 25 de xuño ata o 1 de setembro, a non ser que non se cubran todas as prazas, caso no que quedará aberto até o 22 de decembro. Podedes descargar o impreso de solicitude de colaboración PREMENTO AQUÍ. 

Poderedes realizar estes trámites na administración do centro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:30 horas. Alí poderedes recoller os impresos ou ben, descargalos directamente PREMENDO nas ligazóns de máis arriba.

Recordade revisar que os impresos estean debidamente asinados antes de entregalos, así como aportar toda a documentación requirida.

Previsiblemente, a listaxe provisional de admitidos e de reserva publicarase o día 4 de xullo no edificio administrativo. Posteriormente abrirase un prazo de reclamacións do 5 ao 12 de xuño. O 15 de xullo publicarase a listaxe definitiva.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar 2024/25

NORMATIVA: 

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria o curso escolar 2024/25. Procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

IMPORTANTE

  • Prazo de presentación de solicitudes: de 21 maio a 21 de xuño.
  • Estas axudas están dirixidas ao alumnado que o vindeiro ano escolar curse Educación Primaria ou ESO.
  • Alumnado que na actualidade cursa 6º de Primaria, deberá presentar a solicitude no IES correspondente.
  • Presentarase unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos/matriculados no mesmo centro para o curso 2024/25
  • As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:
  • Presencialmente no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou descargando os "Anexo I e Anexo II" no aplicativo FondoLibros. Unha vez cumprimentados entregaranse no centro adxuntando a documentación que se sinala máis abaixo.
  • A través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia achegando os mesmos anexos e documentación complementaria.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  1. Anexo I e Anexo II asinados por ambos proxenitores.
  2. Copia do libro de familia na que figuren os membros computables da unidade familiar.
  3. Sentenza xudicial e/ou o convenio regulador no que conste a atribución da custodia do/a menor, de ser o caso.
  4. Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.

Distribuir contido