O pasado xoves 19 de Abril, tivemos unha xornada moi especial para conmemorar o "Día internacional das rapazas nas TIC", que é o día 26 de Abril.
O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria participou nun taller que, ademáis, está vinculado a dous proxectos que levamos a cabo no centro: "Donas de sí" e "Introducción á robótica na educación primaria".
O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade ofertaron unha nova edición do seguinte taller:
Programa Diana:
"Talleres de Programación Creativa na Igualdade".
Nesta xornada o alumnado estivo a visualizar videos nos que puideron ver os avances tecnolóxicos que foron ocorrendo nos últimos anos no eido da robótica e da programación, así como da man de quen foron producidos, facendo especial fincapé no papel da muller no mundo da informática, programación, robótica e tecnoloxías STEAM, papel que moitas veces é solapado dando a coñecer soamente os logros de figuras do xénero masculino.