Skip to Content

Donas de si

Plan Proxecta "Donas de si"

Pola IGUALDADE no CEIP Plurilingüe de Lousada

Este curso escolar 2018-2019 voltamos a participar por segundo ano no Plan Proxecta Donas de sí.

Sendo conscientes da importancia de concienciar ao noso alumnado sobre unha problemática moi presente na nosa sociedade decidimos continuar a realizar actividades no centro encamiñadas a visibilizar esta situación e a fomentar unha actitude crítica do noso alumnado hacia á mesma. 

Educando as nosas nenas e nenos na igualdade de xénero e de dereitos poremos o noso gran de area para continuar a construir entre todas e todos unha sociedade mellor.

 

 

MULLERES GALEGAS

Xa temos no noso centro unha nova colección de libros, neste caso sobre Mulleres Galegas, mulleres que foron fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea.

Con este tipo de materiais traballaremos en profundidade a vida e traballo destas mulleres, e non soamente como unha visión anecdótica e secundaria, senon como un aporte importante á sociedade tal e como a coñecemos hoxe en día.

Neste caso son 5 libros sobre 5 mulleres, que destacaron en diferentes campos: na educación, arte, ciencia...

Angeles Alvariño foi unha gran oceanógrafa. PREME AQUÍ

Maruja Mallo, gran pintora surrealista nada na provincia de Lugo. PREME AQUÍ

María Victoria Moreno, escritora de literatura infantil e xuvenil. PREME AQUÍ

EXPOSICIÓN PREMIOS MARÍA WONENBURGER PLANELLS

Por segundo ano consecutivo temos o pracer de mostrar esta actividade de novo no centro.

Enmarcada no plan proxecta "Donas de sí", dende o 12 de febreiro ata o 25 de febreiro temos no centro instalada unha exposición de paneles proposta pola Secretaría Xeral de Igualdade, a disposición de toda a comunidade educativa para a súa visita.

Este tipo de actividades para nós sond e vital importancia para por en valía e visibilizar o papel da muller nos ámbitos científicos, tecnolóxicos e matemáticos en diversos eidos destes campos de estudo.

A espoxición e o premio, que se concede cada ano a mulleres cuxos estudios e investigacións son de relevancia social, leva o nome dunha investigadora e matemática galega, María Josefa Wonenburguer, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias, sendo unha científica adiantada ao seu tempo. A través desta exposición puidemos coñecer as achegas destas mulleres galegas da ciencia que seguen a traballar e investiar cada día.

 

 

AS NOSAS HEROÍNAS

Esta foi a actividade final coa que despedimos este ano o noso traballo no proxecto Donas de sí. Tratamos de por en valor o duro traballo das nosas avoas, que tanto fan e tan pouco lles agradecemos. Con esta pequena homenaxe queremos que vexan que as temos moi presentes, e agradecemos o traballo que fan por axudar aos nosos pais na nosa crianza. 

Fixemos un mural no que cada quen representou o pobo onde vive a súa avoa e unha imaxe dela. Esperamos que vos guste! Fixémolo con todo o noso cariño. 

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adicamoslle o Día das Letras Gaglegas a María Victoria Moreno, gran defensora da nosa lingua, que non era galega pero namorouse do noso idioma e defendeuno e empregouno nas súas obras. Ao longo de todo o día realizamos numerosas actividades colaborativas para reflexar o inmenso traballo desta gran muller. 

Ao longo de toda a xornada realizamos diferentes actividades para dar a coñecer a súa vida e obra. Entre todos pegamos carteis por todo o cole, e realizamos unha exposición sobre a autora. Os máis grandes leron para todos a súa biografía. Os máis pequenos leron algunhos dos seus relatos breves, como "O cataventos" e "A Brétema", que nos gustaron moito a todos!! As nenas de Infantil pintaron un debuxo en pop art da súa figura. 

Pero este curso tamén quixemos destacar a importante defensa da muller que fixo esta autora, xa que María Victoria Moreno foi unha das primeiras en incluir nenas e mulleres como protagonistas dos seus relatos, unha mostra da súa loita pola igualdade de xénero nun tempo no que o papel da muller estaba moi pouco valorado socialmente. 

 

Aquí vos mostramos o debuxo que pintaron as máis novas do centro. Esperamos que vos guste!!

Distribuir contido


by Dr. Radut