Skip to Content

8 DE MARZO- DÍA DA MULLER

O 8 de marzo celebramos no centro o Día Internacional da Muller. Esta  conmemoración naceu de forma oficial no ano 1975, sendo creada por Nacións Unidas para representar a loita polos dereitos da muller e súa participación social en igualdade de condicións cos homes.

O detonante desta conmemoración foi un acontecemento tráxico, que se produciu na fábrica de camisas Triangle de Nova York o 25 de marzo de 1911, cando 146 mulleres morreron queimadas dentro, cando loitaban polos seus dereitos, sendo pechadas sen posibilidades de fuxir.

A grande ola de protestas que desencadeou tan cruel acontecemento por todo o mundo fixo posible anos despois a instauración oficial do día 8 de Marzo como o Día da Muller. Desde entón ata hoxe  acadáronse grandes avances en prol da igualdade, pero queda moito por facer.

No centro decidimos poñer o noso gran de área para loitar pola igualdade de xénero, polo que fixemos entre todos un cartaz de gran tamaño, empregando fotos antigas e actuais de mulleres traballadoras. Decidimos darlle un toque interdisciplinar, polo que o elaboramos empregando o galego e o inglés. Así tivemos a oportunidade de aprender moito vocabulario relacionado coa igualdade.

Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo!!



blog | by Dr. Radut