Skip to Content

Blogue de admin

Que é ser un centro Plurinfantil?

Un centro Plurilingüe é aquel no que se imparte nunha lingua extranxeira áreas ou materias non lingüísticas. 

No noso centro comezamos esta experiencia no curso 2015-2016 na materia de Educación Artística. 

Visto o positivos que foron os resultados obtidos na educación primaria, neste curso sumamos os cursos de educación infantil a esta iniciativa implantando o Plurinfantil.

O aprendizaxe de linguas extranxeiras e o desarrollo de competencias lingüísticas e comunicativas cobra, cada día máis, un papel moi importante na nosa sociedade, polo que dende o centro, queremos aproveitar as capacidades de adquisición lingüistica que ten o noso alumnado, especialmente dende idades temperás.

Non perdades ollo a todas as actividades que levamos a cabo, nas que o noso alumnado ten moi claros os obxectivos:

Play, Learn and Having Fun 

 

 

 

O noso Blogue!

Neste blogue, "Os nosos amigos os animais",  temos colgadas un resumo das actividades relacionadas co plan proxecta "Protexe os animais" desenvolvidas durante o curso escolar 2015-2016 no CEIP Plurilingüe de Lousada.

O obxectivo deste programa é concienciar ao noso alumnado no respecto e na protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais na tenza responsable de mascotas e análise crítica dos actos e das conductas non desexadas, como o abandono e o maltrato, convivir e aprender a respectar aos animais, identificar as súas necesidades utilizando como ferramenta o Plan Proxecta "protexe os animais". 

Robótica en Lousada

No CEIP Plurilingüe de Lousada estamos a desenvolver o proxecto de innovación educativa_

"Introducción á robótica na educación primaria".

O obxectivo máis importante que nos propoñemos con este proxecto é iniciar ao noso alumnado no desarrollo de habilidades e competencias clave a través da resolución de retos cognitivos mediante o uso da robótica e da programación, empregando as novas tecnoloxías e dando resposta as novas demandas educativas deste sociedade. Pero si debemos ter clara a seguinte premisa:

motivación  no noso alumando é unha das chaves para que poidan acadar os seus obxectivos tanto cognitivos como persoais. Por iso vemos neste proxecto unha forma lúdica e creativa de traballar contidos e desarrollar competencias dunha maneira dinámica e significativa, dandolles a oportunidade de ver unha aplicación real a todos os contidos que ven día a día na aula. 

Movémonos con saúde

Na sociedade na que vivimos faise fundamental facer actividade física e aproveitar os tempos mortos dentro do ámbito educativo para fomentar o deporte e actividade física. Os beneficios do exercicio son máis que notables e moi relevantes en etapas de curta idade como a de Educación Infantil ou Educación Primaria.

Porén, dende o CEIP de Lousada queremos fomentar o exercicio e a actividade física dentro do tempo en que os alumnos e alumnas permanecen no centro educativo.

Neste blogue veredes todas as actividades que levamos a cabo con este plan proxecta "Movemento e Saúde". 

Grazas por visitarnos! 

BLOGUE MOVEMENTO E SAÚDE

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2023/2024

Dende o CEIP Plurilingüe de Lousada informamos:

TODOS OS ALUMNOS QUE PRESENTARON A SOLICITUDE DE MATRICULA PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024 FORO ADMITIDOS.

 

A listaxe provisional está publicada no centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut